Sven Nilsson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sven Nilsson.

Sven Nilsson, nado en 1787 en Landskrona (Suecia) e finado en 1883 en Lund, foi un naturalista e arqueólogo sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixiu o Museo de zooloxía de Estocolmo en 1819.

Estudou especialmente os vertebrados e, dentro deles, as aves de Suecia, así como os crustáceos fósilles.

Foi o autor, entre outras, das obras Ornithologica suecica (dous volumes, 1817-1822) e a Historia molluscorum Sueciae (1822).

Lista parcial da súas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Ornithologia suecica (1817-1821)
  • Prodromus ichthyologiae scandinavicae (1832)
  • Observationes ichthyologicae (1835)
  • Skandinavisk fauna (1820-1853)
  • Historia molluscorum Sueciae (1823)
  • Petrificata suecana (1827)
  • Illuminerade figurer till skandinavisk fauna (1832-1840)
  • Prodromus ichthyologiae (1832)
  • Skandinaviska Nordens urinvånare (1862-1866)
  • Die Ureinwohner des skandinavischen Nordens (1863-1868)