Pión (peixe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cos nomes de pión ou pión de altura desígnanse diferentes especies de peixe da familia Argentinidae, da orde Clupeiformes e da clase dos teleósteos. Trátase en realidade de varias especies pertencentes a dous xéneros, Argentina e Glossanodon. En concreto, as especies ás que se refire son:

  • pión de altura: Argentina sphyraena
  • pión de altura bocón: Glossanodon leioglossus
  • pión de altura dourado: Argentina silus
  • pión de altura xaponés: Glossanodon semifasciatus = Argentina semifasciatus

Pión é tamén nome da pión (ou piarda), Atherina presbyter, da familia Aterínidos, da orde Ateriniformes.

Cómpre ter en conta que en castelán se lle dá este nome ó que en galego é o bolo pión (Hyperopus lanceolatus)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernando Lahuerta Mouriño e Francisco X. Vázquez Álvarez: Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, 2000.