Monotremas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Monotrema")
| Monotrema |
|---|
Ornithorhynchus anatinus |
| Clasificación científica |
| Familia |
Os monotremas son mamíferos con reprodución ovípara. Están moi pouco estendidos, tan só en algunhas zonas do continente de Oceanía, en Australia, Papúa-Nova Guinea e Tasmania.
Inclúense nos mamíferos debido a que as crías son amamantadas, por medio dunhas glándulas mamarias parecidas ás sudoríparas, entre outras características propias deste tipo de animais: gran presenza de pelo, sangue quente, etc.
Existen poucas especies de monotremas; entre elas, son ben coñecidos o ornitorrinco e o equidna.
Índice |