Paínzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paínzo, millo miúdo
Mazaroca inmatura
Mazaroca inmatura
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Panicoideae
Xénero: Setaria
Especie: S. italica
Nome binomial
''Setaria italica''
(L.) P.Beauv.
Sinonimia

Panicum italicum L.
Chaetochloa italica (L.) Scribn.

O paínzo menor ou millo miúdo (nome científico Setaria italica) é o segundo cereal máis cultivado e o máis importante de Asia. Ten unha longa historia coma cultivo de gran fino, na China dende hai seis milenios. Noutrora moi común en Galicia. O millo, que de feito toma o nome desta especie, foi substituíndo ao millo miúdo nos últimos séculos.

Ten talos magros, verticais, follosos, e pode acadar os 20 cm. As mazarocas son mestas, pilosas, de 5-30 cm de lonxitude. As sementes, de arredor de 2 mm de diámetro, teñen unha gluma magra, papilosa e doada de tirar; a súa cor varía notabelmente entre as variedades.

Cultivo[editar | editar a fonte]

Paínzo

Na China, é o cereal de gran fino máis importante, especialmente no norte pobre e seco dese país. En Europa e nas Américas plántase de xeito moderado para ensilaxe, e rara vez para alimento de aves.

É un cultivo de verán, tipicamente sementado a finais da primavera. A colleita para ensilaxe ou facer palleiros pode estar pronta en 65-70 días (típicos rendementos de 15-20 t/ha de materia verde ou 3-4 t/ha de feno seco), e para gran en 75-90 días (800-900 kg/ha de gran). É de maturación ceda e de eficiente uso da auga dispoñíbel, moi axeitado para áreas secas.

As doenzas inclúen podremias as máis das veces por fungos na folla coma Magnaporthe grisea, Ustilago crameri ou Sclerospora graminicola. Os cultivos sen colleitar son susceptíbeis aos ataques de paxaros e roedores.

Historia e domesticación[editar | editar a fonte]

O antergo do millo miúdo identificouso coma Setaria viridis, que é interfértil co millo miúdo; e as formas bravas e invasoras do paínzo aínda existen. Zohary e Hopf notan que a diferenza primaria entre as formas bravas e a cultivada é "a súa bioloxía de spallamento de sementes. As formas bravas e invasoras fan deshicencia mentres que as cultivadas as reteñen."[1] A evidencia máis ceda do seu cultivo é da cultura Peiligang da China, que tamén cultivaban millo miúdo común (Panicum miliaceum), mais sendo o paínzo menor predominante, só coa cultura Yangshao.[2]

O millo miúdo chega a Europa máis tarde; sementes carbonizadas aparecen no segundo milenio adC en Europa central. E a evidencia do seu cultivo dáse na Idade do Ferro en Tille Hoyuk en Turquía, cunha datación incorrecta de radiocarbono de 600 a. C.[3]

Foi moi común en Galicia, sobre todo na rexión litoral, medrando tamén nas leiras das montañas interiores das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra. Recibía o nome de millo, que despois tomou o actual millo, que comezou a substituír o paínzo dende o século XVII. Ao antigo millo ficoulle o nome de millo miúdo. O paínzo é o que se viña cultivando e secando en hórreos e celeiros en Europa dende a antigüidade.

Sementeira[editar | editar a fonte]

Presenta precocidade, pode ser pastoreado aos 50 días de sere plantado. É produtor de forraxe de boa calidade medíndose ganancias de até 1 kg/animal/día. A época de sementeira é a finais da primavera, usando unha densidade de 12-15 kg/ha. O sistema de sementeira é con caixón de alfalfa ou con sementadora común de grans finos, en liñas a 3 dm entre si.

Fonte[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daniel Zohary and Maria Hopf, Domestication of plants in the Old World, third edition (Oxford: University Press, 2000), p. 86
  2. Zohary and Hopf, Domestication, p. 87
  3. Zohary and Hopf, Domestication, p. 88

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paínzo Modificar a ligazón no Wikidata