Paínzo (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panicum miliaceum.

O paínzo, millo miúdo ou millete é o segundo cereal máis cultivado e o máis importante de Asia.

A meirande parte dos millos miúdos pertencen á subfamilia Panicoideae. As especies principais de millo miúdo, ordenadas pola súa importancia económica son:

  1. Setaria italica (Paínzo menor, millo miúdo)
  2. Panicum miliaceum (Millo miúdo)
  3. Panicum virgatum (paínzo ergueito[1]), que produce até 60 xigaJules de bioetanol por hectárea.[2]
  4. Eleusine coracana (paínzo dedo)
  5. Pennisetum glaucum (millo miúdo cultivado, millo miúdo africano[3])


Outras especies de menor importancia inclúen:

Son cereais moi ricos en enerxía, ideais para consumir no almorzo, tamén resultan indispensábeis na dieta das persoas celíacas xa que non conteñen prolaminas tóxicas e substitúen gran cantidade dos nutrientes dos alimentos con glute.

O tef (Eragrostis tef) e mais o sorgo (Sorghum spp.) ás veces tamén son incluídos entre os millos miúdos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego proposto polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
  2. http://www.ecoticias.com/detalle_noticia.asp?id=28473[Ligazón morta]
  3. Nomes vulgares galegos recomendados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC