Xoán XIV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século X
Antipapas

Xoán XIV

Pietro Campanora, baixo o nome de Xoán XIV, nado en Pavía e finado o 20 de agosto 984 en Roma, foi o papa n.º 136 da Igrexa Católica do mes de decembro 983 ao 20 de agosto de 984.

En 983, á morte de Bieito VII, o emperador Otón II impón como novo papa ao seu vicechanceler imperial en Italia e bispo de Pavía, Pietro Campanora, quen tomou o nome de Xoán ao considerar que non era digno para levar no seu pontificado o mesmo nome que o do apóstolo, e primeiro papa, San Pedro. Tense que observar que todos os outros papas do nome Pedro tiveron o mesmo razoamento.

Aos poucos días da elección papal, o emperador faleceu e foi sucedido no trono polo seu fillo Otón III de tan só tres anos de idade; circunstancia que aproveito o antipapa Bonifacio VII para regresar do seu exilio de Constantinopla en abril 984 e ocupar por segunda vez, e de forma igualmente ilexítima, o trono de San Pedro.

Bieito VII encarcerou o papa Xoán XIV, en abril 984, no Castelo de Santo Angelo (en lingua italiana, "Castel Sant' Angelo") onde faleceu de fame ou, segundo outras versións, envelenado, o 20 de agosto de 984.