Open McDonald's

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Open McDonald's ou McDonald's Championship foi unha competición internacional entre clubs de baloncesto masculino desputada entre os campións das competicións continentais e un equipo invitado da NBA no mes de Outubro, xusto antes do comezo da tempada na NBA. Esta competición sucedeu ao Mundial de Clubs de Baloncesto ou Copa Intercontinental. Estaba coorganizado pola NBA e a FIBA e patrocinado pola empresa McDonald's. Desputouse en nove ocasións entre 1987 e 1999, as cinco primeiras edicións desputáronse anualmente, e dende 1991 desputouse cada dous anos. O Open McDonald's tiña lugar cada edición nunha cidade diferente, elixida de común acordo pola NBA e a FIBA.

Nas nove edicións desta competición o título foi para o equipo da NBA , mais dúas veces por moi pouca marxe. A primeira vez foi nas semifinais da edición de 1990, cando os New York Knicks perdían por tres puntos ao equipo italiano do Scavolini Pesaro (107-104) con 30 segundos no marcador, logo dunha gran defensa, os Knicks recuperaron a posesión e Gerald Wilkins anotou unha tripla a oito segundos do final, levando o partido á prórroga, na que gañaron finalmente por catro puntos (119-115). O outro partido gañado por pouca marxe por un equipo da NBA foi en 1991, cando Los Angeles Lakers gañaron ao campión da Liga ACB, o Joventut Badalona, por dous puntos (116-114).

O Open McDonald's deixou de desputarse en 1999, mais no 2010 había intención de crear unha nova competición entre os clubs campións continentais cun formato similar, o Campionato Mundial de Clubs da FIBA. Sen embargo, no 2010 non foi invitado ningún equipo da NBA, a FIBA pretende convidar ao campión da NBA nos vindeiros anos.[1]

Os equipos que máis veces foron convidados a xogar este torneo foron o Real Madrid, o FC Barcelona e o KK Split, que participaron en tres ocasións.

Formato[editar | editar a fonte]

Logo da primeira edición (con formato de 3 equipos), a competición foi desputada nun sistema de eliminación directa na que o equipo gañador pasaba á seguinte rolda.

Regras[editar | editar a fonte]

A competición combinaba as regras americanas e europeas. [2]

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Cidade Campión Resultado Finalista Terceiro Cuarto
1987 Flag of the United States.svg Milwaukee Flag of the United States.svg Milwaukee Bucks liguiña Flag of the Soviet Union.svg Unión Soviética Italia Tracer Milano
1988 España Madrid Flag of the United States.svg Boston Celtics 111-96 España Real Madrid Flag of SFR Yugoslavia.svg Iugoslavia Italia Scavolini Pesaro
1989 Italia Roma Flag of the United States.svg Denver Nuggets 135-129 Flag of SFR Yugoslavia.svg Jugoplastika Split Italia Philips Milano España FC Barcelona
1990 España Barcelona Flag of the United States.svg New York Knicks 117-101 Flag of SFR Yugoslavia.svg Pop 84 Split España FC Barcelona Italia Scavolini Pesaro
1991 Francia París Flag of the United States.svg Los Angeles Lakers 116-114 España Joventut Badalona Francia CSP Limoges Croacia Slobodna Dalmacija Split
1993 Alemaña Munich Flag of the United States.svg Phoenix Suns 112-90 Italia Buckler Bologna España Real Madrid Francia CSP Limoges
1995 Flag of the United Kingdom.svg Londres Flag of the United States.svg Houston Rockets 126-112 Italia Buckler Bologna Australia Perth Wildcats España Real Madrid
1997 Francia París Flag of the United States.svg Chicago Bulls 104-78 Grecia Olympiacos Piraeus Flag of Argentina.svg Atenas de Córdoba Francia Paris Basket Racing
1999 Italia Milán Flag of the United States.svg San Antonio Spurs 103-68 Flag of Brazil.svg Vasco da Gama Flag of Lithuania.svg Žalgiris Kaunas Italia Varese Roosters

MVPs[editar | editar a fonte]

Ano Xogador Equipo
1987 Flag of the United States.svg Terry Cummings Flag of the United States.svg Milwaukee Bucks
1988 Flag of the United States.svg Larry Bird Flag of the United States.svg Boston Celtics
1989 Flag of the United States.svg Walter Davis Flag of the United States.svg Denver Nuggets
1990 Flag of the United States.svg Patrick Ewing Flag of the United States.svg New York Knicks
1991 Flag of the United States.svg Magic Johnson Flag of the United States.svg Los Angeles Lakers
1993 Flag of the United States.svg Charles Barkley Flag of the United States.svg Phoenix Suns
1995 Flag of the United States.svg Clyde Drexler Flag of the United States.svg Houston Rockets
1997 Flag of the United States.svg Michael Jordan Flag of the United States.svg Chicago Bulls
1999 Flag of the United States.svg Tim Duncan Flag of the United States.svg San Antonio Spurs

Títulos por equipo[editar | editar a fonte]

Club Títulos
Flag of the United States.svg Boston Celtics 1
Flag of the United States.svg Chicago Bulls 1
Flag of the United States.svg Denver Nuggets 1
Flag of the United States.svg Houston Rockets 1
Flag of the United States.svg Los Angeles Lakers 1
Flag of the United States.svg Milwaukee Bucks 1
Flag of the United States.svg New York Knicks 1
Flag of the United States.svg Phoenix Suns 1
Flag of the United States.svg San Antonio Spurs 1

Títulos por país[editar | editar a fonte]

Country Titles
Estados Unidos de América Estados Unidos 9

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]