Northampton Saints

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Northampton Saints
Nome completo Northampton Saints RFC
Alcume(s) The Saints ou The Jimmies
Fundación 1880
Localización Inglaterra Northampton
Estadio(s) Franklin's Gardens
Capacidade 13.591
Presidente Inglaterra Leon Barwell
Adestrador Inglaterra Jim Mallinder
Capitán Inglaterra Dylan Hartley
Máx. Anotador Inglaterra Paul Grayson (1278)
Máis ensaios Inglaterra Teddy Cook (219)
Liga Aviva Premiership
Tempada 2011/12
Posición 4º e semifinalista
Páxina web oficial
Na súa casa


Fóra


Os Northampton Saints son un club de rugby da cidade de Northampton, Inglaterra. As cores do equipo son o verde, negro e dourado. Compite na Aviva Premiership, a máxima categoría do rugby inglés, e xoga os seus partidos como local no Franklin's Gardens cunha capacidade para 13.600 espectadores.

Na tempada 2007-08, o equipo xogou na segunda categoría do rugby inglés, a National Division One, mais volveu á Premiership na tempada 2008-09.

O Northampton Saints foi fundado en 1880. O club gañou o seu primeiro e único gran trofeo, a Heineken Cup tras gañar na final ao Munster na tempada 1999-00.

Historia[editar | editar a fonte]

Os inicios[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1880 baixo o nome Northampton St. James (Saints) por Rev Samuel Wathen Wigg, un clérigo local e cura de St. James que residía na localidade veciña de Milton Malsor[1]. É de aí de onde proceden os seus dous alcumes The Saints ou Jimmies. O seu obxectivo principal era a promoción "ordenada" dos seus parroquianos máis novos, creando un club de rugby, coa filosofía de que un "deporte violento os transformaría en cabaleiros".

En moi pouco tempo, dende a súa fundación, Northampton tivo un dos maiores equipos (en número de xogadores) de rugby de Inglaterra. Vinte anos despois da súa fundación, o granxeiro local Harry Weston foi premiado cunha internacionalidade con Inglaterra, sendo o primeiro xogador dos Saints en conseguir tal honra.

A través dos primeiros anos do século XX, o club progresou grazas ao dominio que realizaba o xogador Edgar Mobbs. Edgar era un heroe para a vila, xa que foi o primeiro xogador de Northampton que capitaneou a selección inglesa, aínda que é máis recordado polas súas accións heroicas durante a Primeira Guerra Mundial. Tras ser inicialmente rexeitado no recrutamento por ser demasiado vello, Edgar ergueu o seu propio Batallón de Deportistas, tamén coñecido como Mobbs Own (Propiedade de Mobbs). Morreu tristemente en batalla, liderando o seu batallón á fronte tras patear unha pelota de rugby dentro da zona libre de homes o 29 de xullo de 1917, polo ataque dunha metralladora, o seu corpo nunca foi atopado. Debido a este feito o club organizou o Mobbs Memorial Match como tributo ao que foi o seu xogador, que se xoga cada ano dende 1921 entre os Barbarians e os East Midlands en Franklin's Gardens.

Durante a posguerra (trala Segunda Guerra Mundial) os Saints continuaron crecendo, e comezaron a producir algúns dos mellores xogadores de Inglaterra, algúns dos cales chegaron a capitanear a súa selección. Converténdose así nun dos equipos punteiros ingleses durante os seguintes 60 anos. Da súa canteira saíron xogadores como Butterfield, Jeeps, Longland, White e Jacobs mais os tempos difíciles estaban ao caer.

Poucos anos despois da súa época dourada, o club non soubo manter o paso cos movementos que se viviron dentro do xogo e aos mellores xogadores non lles atraeu a idea de recalaren no club dos Franklin's Gardens, onde se instaurara unha mentalidade "them and us" ("para eles e nós") entre os xogadores e aqueles que estaban ao cargo do club. Algúns antigos xogadores formaron o seu propio grupo de tarefas que varreron a vella garda na "Saints Revolution" (Revolución dos Saints) de 1988 e puxeron en acción un plan no que querían devolver ao club ao máis alto das competicións inglesas.

Barry Corless, como director deportivo, reestruturou o club os Saints axiña volveron subir, axudados pola lenda dos All Blacks Wayne 'Buck' Shelford.

En 1990, Northampton Rugby Union Football Club ascendeu á daquela denominada Primeira División (First Division) e ao ano seguinte fixo a súa primeira viaxe a Twickenham para xogar a final da Anglo-Welsh Cup fronte aos Quins. Perderon no tempo extra mais mostrou o rexurdir do equipo, como se vería unhas poucas tempadas despois.

Tim Rodber e Ian Hunter forzaron a súa chegada ao equipo técnico de Inglaterra mentres que os novos como Matt Dawson e Nick Beal chegaron á selección.

En 1994, Ian McGeechan converteuse no Director de Rugby, e aínda que o club descendeu na súa primeira tempada como adestrador, volveron ascender na seguinte tempada, gañando cada partido da súa campaña con vantaxes de 50 puntos por partido. A esta tempada moitos seareiros a coñecen como a "Demolition Tour of Division Two" (Xira Demoledora por Segunda División).

A era profesional[editar | editar a fonte]

Bruce Reihana

En 1995, o rugby converteuse nun deporte profesional e o club foi adquirido por Keith Barwell.

En 1999, os Saints foron segundos da Allied Dunbar Premiership, o punto culminante da súa campaña foi un derby local crucial contra os que se converterían en gañadores, os Leicester Tigers, que perderon por 15-22 [1]. Porén, ao ano seguinte tornáronse no segundo equipo inglés en gañaren a Heineken Cup (emulando o éxito na tempada 1998-99 de Bath), vencendo a Munster por 9-8 na final [2]. Ian McGeechan, que tivo que deixar o club ao final da anterior tempada para volver adestrar a Escocia, e foi substituído polo anterior xogador dos Saints John Steele, quen o fixera ben cun orzamento axustado nos London Scottish. Steele baseouse nos fundamentos introducidos por McGeechan, así como na inspiración do samoano Pat Lam para liderar o grupo no éxito europeo.

No 2000, o club transfórmase nunha Compañía Publica Limitada (Public Limited Company, Plc) e emite accións que poden ser adquiridas pola xente; nesta tempada os Saints perden a final da Tetley's Bitter Cup fronte aos Wasps, mais venceron, na final da Heineken a Munster, gañando así o seu primeiro gran trofeo.

Tras un mal comezo durante a tempada 2001-02, o antigo seleccionador dos All-Black Wayne Smith foi fichado como adestrador principal. Smith conseguiu transformar o club en cinco meses, de tal xeito que en Novembro parecía que descendería, atinxiu acadar a final da Powergen Cup e calificar ao equipo para a seguinte tempada da Heineken Cup.

Nos tempos máis recentes o club sobreviviu ao descenso da Premiership por pouco. Logo de que o adestrador da tempada 2004-05 (Alan Solomons) fose despedido na metade da tempada, a función de adestrar pasou a mans dos antigos compañeiros do primeiro equipo Budge Pontney e Paul Grayson para axudar ao equipo. Tiveron un inicio titubeante na tempada 2005-06, mais continuaron imbatidos logo do Aninivo. Budge retirouse ao principio da tempada 2006-07, deixando toda a responsabilidade a Grayson.

Na tempada 2006-07, os Saints volveron competir na Heineken Cup quedando segundos do seu grupo, xusto por detrás de Biarritz Olympique, os finalistas da anterior tempada. Northampton clasificouse entón para os cuartos de final e encontráronse con Biarritz en España e, malia que estaban na última praza da liga inglesa, venceron os campións franceses por 7-6 e chegaron ata semifinais.

O 28 de abril de 2007, a pesar da vitoria por 27-22 sobre os London Irish en Franklin's Gardens, Northampton descendeu á National Division One. Unha "reestruturación en bambalinas" permitiulles o ascenso con Peter Sloane como adestrador principal, dende o seu papel de adestrador de dianteiros, e Paul Grayson foi "degradado" a adestrador dos backs (tres cuartos e medios). Porén, os cambios sucedéronse e o 9 de xuño de 2007, anunciouse que o seleccionador dos England Saxons Jim Mallinder se convertería no novo adestrador principal e Director de Rugby xunto co seu adestrador auxiliar Dorian West; porén, Peter Sloane deixou o club.

Tras unha tempada en National Division One, o club asegurouse o ascenso á Premiership o 22 de marzo de 2008, ao vencer os Exeter Chiefs. Unhas semanas máis tarde, o 12 de abril de 2008, Northampton venceu outra vez os Exeter Chiefs por 24-13 en Twickenham e gaña o EDF Energy Trophy. Esta tempada ademais acaba o 26 de abril de 2008 cun récord de imbatibilidade tras gañar os 30 partidos xogados en National Division One.

Na tempada 2008-09 da Premiership, os Saints finalizaron na oitava posición da clasificación. Así mesmo atinxiron o título da European Challenge Cup ao gañaren ao equipo francés de Bourgoin por 15–3 na final do 22 de maio de 2009 en The Stoop, en Londres.[2] Esta vitoria deulles unha praza na Copa de Europa de rugby 2009-2010.

Na tempada 2010-11 Northampton Saints tivo un gran rendemento. Disputou as semifinais da Premiership, e a final da Heineken Cup, caendo en ámbolos dous encontros.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Competicións nacionais[editar | editar a fonte]

Competición Títulos 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88
Inglaterra Liga inglesa - 4 4 2 8 12 6 11 3 3 5 4 5 2 8 8 10 5 4 3 9
Competición Títulos 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72
Inglaterra Copa inglesa 1 F C F F F F
  • Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión.
  • Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.

Competicións continentais[editar | editar a fonte]

Competición Títulos 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96
H bianca su verde.png Copa de Europa 1 g F ¼ ½ ¼ g ¼ g g C
Competición Títulos 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97
Silver Dish.png Challenge Cup 1 C ¼ g ¼
  • C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

Inglaterra Aviva Premiership — Tempada 2012/13
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
600px Rosso e Nero.png Saracens 77 22 17 1 4 5 2
600px Bianco Rosso e Verde (strisce orizzontali).png Leicester 74 22 15 1 6 7 5
600px Arlecchino.png Harlequins 69 22 15 0 7 5 4
600px Verde Giallo Nero (strisce orizzontali).png Northampton 65 22 14 0 8 6 3
600px Rosso e Bianco.png Gloucester 60 22 12 1 9 2 8
600px Nero.png Exeter 59 22 12 1 9 4 5
600px Blu marine e Azzurro con striscetta bianca.svg Bath 53 22 10 1 11 4 7
600px Giallo con bordi Neri orizzontali.svg Wasps 48 22 9 0 13 4 8
600px Verde e Nero in diagonale.png Irish 35 22 7 1 14 2 3
10º 600px Blu.png Sale 35 22 7 1 14 2 3
11º 600px Giallo e Blu orizzontale con striscia bianca.png Worcester 33 22 5 1 16 3 8
12º 600px Rosso e Bianco diagonale.png Welsh Sancionado con 5 puntos 23* 22 5 0 17 1 7

<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>>


En azul      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En rosa      o equipo en descenso directo (12º).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]