Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Premiership Inglesa (coñecida como Aviva Premiership dende a tempada 2010-11 polo nome do seu actual patrocinador) é a máxima competición de rugby de Inglaterra. Esta competición xogouse por primeira vez en. Na actualidade conta con doce equipos. Os participantes clasifícanse para as dúas competicións europeas: a Heineken Cup e a European Challenge Cup. O último clasificado descende á National Division One. O actual campión son os Leicester Tigers, que ademais é o equipo con máis títulos de liga con 9. O nome da Liga inglesa de rugby trocou a súa denominación en varias ocasións: Dende o seu comenzo en 1987 ata 1997) denominuse « Courage League », posteriormente « Allied Dunbar League » (1997-2001),« Zürich Premiership » (2001-2005), « Guinness Premiership » e « AVIVA Premiership » patrocinador actual. É, posíbelmente a liga europea de rugby máis famosa xunto ao Top 14 (de Francia).
[editar] Curiosidades
Dende o ano 2004, o comenzo da tempada o marca o London Double Header un doble partido xogado no Twickenham Stadium (sede onde Inglaterra xoga de local os seus partidos internacionais) entre London Wasps e Saracens F.C. e o outro partido entre London Irish e Harlequins, salvo no 2005 que os Harlequins descenderan e se xogou contra o Leeds Carnegie.
[editar] Competición
A tempada regular da Premiership vai de Setembro a Maio e consta de 22 xornadas, nas que cada clube xoga contra o seu rival na casa e fora. Durante un partido da Premiership, os puntos que recibe cada equipo para a clasificación da liga poden ser gañados de varios xeitos distintos:
- 4 puntos por unha victoria
- 2 puntos por un empate
- 1 punto de bonus por perder por 7 puntos ou menos
- 1 punto de bonus por marcar 4 ensaios ou máis nun partido.
- 0 puntos por unha derrota
Tralas 22 xornadas da tempada regular, a posición final na táboa de clasificación determina que equipos acceden á fase final (os catro primeiros acceden a semifinais). O primeiro e o segundo teñen o privilexio de xogar na casa as semifinais fronte ao cuarto e terceiro respectivamente. As semifinais se xogan en Maio, os gañadores de ámbolos dous partidos acceden á final do campionato, que se xoga en Twickenham. El vencedor da final é o gañador da Liga.
[editar] Ascensos e descensos
Hai un sistema de ascensos e descensos a e dende a Premiership. O equipo clasificado no último lugar trala tempada regular da Premiership descende á National Division One, mentres que o campión da National Division One ascende á Premiership para a seguinte tempada. Sen embargo, os ascensos e descensos están sometidos a un Criterio de Mínimos (Minimum Standards Criteria).
[editar] Competicións Europeas
Os equipos que xogan a Premiership inglesa tamén compiten nas dúas competicións da European Rugby Cup: a Heineken Cup e a European Challenge Cup. O número de equipos que toman parte en cada competición varía cada tempada de acordo aos resultados dos equipos ingleses na tempada precedente. Os catro equipos situados en primeiro lugar se clasifican para a Heineken Cup, ainda que más equipos poden clasificarse de distintos xeitos: foi o gañador da anterior Heineken Cup, o campión da European Challenge Cup ou o gañador da Copa Anglo-Galesa. En total, seis equipos soen competir na Heineken Cup. Se o gañador da Heineken Cup, European Challenge Cup o Copa Anglo-Galesa é un dos catro primeiros clasificados da Premiership, logo o finalista da Heineken Cup se podería clasificar (se é un equipo inglés), se está clasificado tralo cuarto da Premiership. Sete equipos poderán competir na Heineken Cup se un clube inglés avanza máis lonxe que calquera outro francés ou italiano. Os equipos que non se clasifican para a Heineken Cup xogan a European Challenge Cup.
[editar] Patrocinadores
- Courage League: De 1987-1988 a 1996-1997]]
- Allied Dunbar Premiership: De 1997-1998 a 1999-2000
- Zurich Premiership: De 2000-2001 a 2004-2005
- Guinness Premiership: De 2005-2006 a 2009-2010
- AVIVA Premiership: De 2010-2011 a hoxe
[editar] Equipos Tempada 2011-2012
Dende o nacemento do torneo ata a tempada 2001-02 o equipo campión era aquel que remataba primeiro na táboa despois da tempada regular. Na tempada 2000-01 comezaron a disputarse eliminatorias despois da tempada regular, e o campionato remataba cunha final, pero o gañador da final non se considerou campión do torneo ata a tempada 2002-03, e dende entón en diante.
[editar] Clasificación histórica
- Táboa histórica da liga inglesa de rugby.
- Dende a tempada 2002-03 o título decídese nunhas eliminatorias posteriores á liga regular. A táboa baséase no número de encontros gañados, incluidos os das eliminatorias polo título. Os números refírense ó posto ocupado ó remate da liga regular. En vermello están sinalados os campións de cada tempada.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
— Aviva Premiership — — |
|
| Equipos 2011/12 |
|
|
| Tempadas |
|
|
| Antigos equipos |
|
|
| Datos |
|
|
| Competicións inglesas |
|
|