Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A tempada 2011-2012 da Aviva Premiership foi a vixésimo quinta edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomou o nome Aviva do seu principal patrocinador, unha importante compañía de seguros.
Formato da competición [editar]
O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.
O sistema de puntuación foi o seguinte:
- 4 puntos pola vitoria.
- 2 puntos polo empate.
- 0 punto pola derrota.
- 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios.
- 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.
A liga comezou o 3 de setembro de 2011, e rematou o 26 de maio de 2012 coa gran final.
Semifinais e final [editar]
Na final da edición 2011-12 enfrontáronse inéditamente os Harlequins de Londres e os Tigers de Leicester. Para o equipo londinense, que viña de rematar primeiro na táboa clasificatoria, era a primeira final da súa historia na liga inglesa de rugby, despois de 24 participacións. Para os Tigers, sen embargo, era a oitava final consecutiva, e tiña a opción de acadar o seu décimo título de liga en 25 edicións disputadas.
O resultado final do encontro, disputado en Twickenham, foi de 30 a 23 a prol do conxunto arlequinado. Deste xeito o Harlequin FC fíxose co seu primeiro título de campión de liga.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
— Aviva Premiership — —
|
|
| Equipos 2012/13 |
|
|
| Tempadas |
|
|
| Antigos equipos |
|
|
| Datos |
|
|
| Competicións inglesas |
|
|
|
. . . Principais Competicións entre Clubs de Rugby en Europa na tempada 2011-2012:
|
|
| Continentais |
|
|
|
|
|
|
|
Ligas
|
|
|