Allied Dunbar Premiership 1997-1998

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviva Premiership
Fundación1987
RexiónInglaterra Inglaterra
Equipos12
Actual campiónHarlequins (1º título)
Máis laureadoLeicester (9 títulos)
Sitio webPáxina oficial
Tempada 2012-2013

A tempada 1997-1998 da Allied Dunbar Premiership foi a undécima edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomaba por vez primeira o nome Allied Dunbar do seu principal patrocinador, unha antiga compañía de seguros. Foi a primeira edición desta competición coa consideración de Premiership no lugar de League.

Formato da competición[editar | editar a fonte]

O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 2 puntos pola vitoria.
  • 1 puntos polo empate.
  • 0 punto pola derrota.

A liga comezou o 23 de agosto de 1997, e rematou o 17 de maio de 1998.

Táboa[editar | editar a fonte]

Inglaterra Allied Dunbar Premiership — Tempada 1997/98
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per.
Newcastle 38 22 19 0 3
Saracens 37 22 18 1 3
Bath 26 22 13 0 9
Leicester 26 22 12 2 8
Richmond 24 22 12 0 10
Gloucester 23 22 11 1 10
Sale 22 22 10 2 10
Northampton 19 22 9 1 12
Wasps 17 22 8 1 13
10º Harlequins 16 22 8 0 14
11º Irish 12 22 6 0 16
12º Bristol 4 22 2 0 20

<<<< 1996/97 — Tempadas — 1998/99 >>>>


En azul      o campión (1º).
En rosa      o equipo descendido (12º).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]