Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exeter Chiefs é un club profesional inglés de rugby, con sede na cidade de Exeter, e que ascendeu por vez primeira na súa historia á Aviva Premiership na tempada 2009/10.
Aínda que o club foi creado en 1871, a maioría da historia do club transcorreu nas categorías inferiores do rugby inglés, sendo un club non profesional. O desexo do Exeter Chiefs por converterse nun club profesional e por acadar a máxima categoría limítase ás últimas tempadas.
O club debutou na tempada 2010-11 na Premiership inglesa logo de bater ao Bristol nunha eliminatoria de promoción a dobre encontro en maio do 2010. Coa súa presenza na máxima categoría do rugby inglés, tamén debutou en competicións europeas, concretamente na European Challenge Cup, e participou na Anglo-Welsh Cup. A súa primeira participación na Premiership rematou cun 8º posto, mentres que a segunda rematou cun 5º posto, e polo tanto a piques de participar nas eliminatorias semifinais polo título de liga.
Tempada actual [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
— Aviva Premiership — —
|
|
| Equipos 2012/13 |
|
|
| Tempadas |
|
|
| Antigos equipos |
|
|
| Datos |
|
|
| Competicións inglesas |
|
|