Bath Rugby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bath Rugby
Nome completo Bath Rugby Football Club
Alcume(s)
Fundación 1865
Localización Bath
Estadio(s) Recreation Ground
Capacidade 12,300
Presidente Inglaterra Bruce Craig
Adestrador Escocia Ian McGeechan
Capitán Inglaterra Stuart Hooper
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga Aviva Premiership
Tempada 2011/12
Posición
Páxina web oficial
Na súa casa


Fóra


Bath Rugby é un club profesional de rugby, con sede na cidade inglesa de Bath, que compite na máxima categoría do rugby inglés, a Aviva Premiership.

Índice

[editar] Historia

O club foi fundado no ano 1865, o que o convirte nun dos clubs mais antigos que existen aínda hoxe. Durante as suas primeiras décadas adoitaba enfrontarse a clubs veciños, ou do cercano Gales. No século XX fixo as suas primeiras saidas a Francia para xogar fronte a clubs do país galo. Coa creación da primeira competición oficial en Inglaterra a comezos dos anos 70, a copa inglesa, hoxe chamada Anglo-Welsh Cup, Bath Rugby achou a súa oportunidade para estrear palmarés.

La época dourada do club comezou a mediados dos 80, cando Bath Rugby conquistou en 4 ocasións a Copa Inglesa entre os anos 1984 e 1987. Volveu a gañar o torneo nos anos 1989, 1990, 1992, 1994, 1995 e 1996.

Cando se creou a competición de liga a finais dos 80, Bath Rugby rematou 4º na súa primeira edición, pero ó seguinte ano, en 1989, sí obtivo o seu primeiro título de campión inglés de liga. En 1990 rematou 3º, pero despois Bath Rugby encadeou 4 campionatos seguidos entre 1991 e 1994. En 1996 logrou o seu 6º título de liga.

A mediados dos anos 90 o mundo do rugby emprendeu o reto da profesionalización do deporte. En 1995 creouse en Europa un campionato europeo de clubs, a Heineken Cup, por iniciativa das federacións que participaban no torneo das 5 nacións. Bath Rugby conseguiu coroarse como campión de Europa no ano 1998, ó derrotar na final por 19 a 18 ó Brive francés, campión no ano anterior. Era o primeiro club inglés campión de Europa.

Por aquel entón o palmarés nacional e europeo de Bath Rugby lideraba o ranking dos clubs ingleses. Na súas ringleiras había estrelas como Jeremy Guscott, Mike Catt, Andy Robinson ou Phil de Glanville entre outros, pero dende entón o club non volveu a ser o club dominador que foi durante 15 anos nos anos 80 y 90.

Na tempada 2007/08, 10 años despois do seu derradeiro título, Bath Rugby logrou gañar na final da European Challenge Cup, a segunda competición continental, derrotando a Worcester Warriors por 24 a 16. Era a terceira final que disputaba Bath Rugby nesa competición, perdendo nas 2 anteriores, fronte a London Wasps en 2003 e fronte a Clermont en 2007.

Bath Rugby xoga os seus partidos como local no pequeno estadio The Recreation Ground, coñecido como The Rec, en Bath, onde collen unhas 12.300 persoas. O estadio construiuse en 1894, e o club está pensando amplialo ou construír un novo estadio nas aforas da cidade onde se poidan sentar cando menos 20.000 siareiros.

Ademáis dos xogadores antes nomeados, en Bath Rugby teñen xogado grandes estrelas do rugby como Iain Balshaw, Steve Borthwick, Mike Tindall, Jason Robinson, Ieuan Evans, Olly Barkley, Danny Grewcock e outros.

[editar] Palmarés

[editar] Competicións nacionais

Competición Títulos 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88
Inglaterra Liga inglesa 6 8 5 4 4 3 8 9 4 1 11 11 3 2 6 3 2 1 2 1 1 1 1 3 1 4
Competición Títulos 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72
Inglaterra Copa inglesa 10 F C C C C C C C C C C
  • Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión.
  • Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.

[editar] Competicións continentais

Competición Títulos 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96
H bianca su verde.png Copa de Europa 1 g g g ¼ ½ g ¼ g g C ¼
Competición Títulos 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97
Silver Dish.png Challenge Cup 1 C F ½ F
  • C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas