Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gloucester Rugby é un equipo profesional de rugby da cidade de Gloucester, no Oeste de Inglaterra. Compite na Aviva Premiership, así como na Copa Anglo-Galesa e nas competicións europeas (Heineken Cup ou European Challenge Cup).
O equipo xoga os seus partidos como local no estadio do distrito de Kinsholm. O club non ten ningún alcume oficial, mais soen referirse a eles como 'Cherry and Whites'.
Os maiores rivais do Gloucester Rugby son o Bath, Worcester e Bristol, denominándose os partidos entre os catro como 'west country derbies'. O club foi fundado en 1873.
Competicións nacionais [editar]
O Gloucester Rugby é un dos equipos clásicos do rugby inglés, e forma parte do grupiño de equipos que nunca descenderon da máxima categoría, xunto con Leicester Tigers, Bath Rugby e London Wasps. No campionato de liga acadou 4 subcampionatos, mesmo a pesar de rematar 3 veces primeiro na táboa clasificatoria tralo remate da tempada regular. Na competición copeira foi o primeiro campión que tivo o torneo, e acadou outros 4 títulos nos seguintes anos.
| Competición |
Títulos |
2012 |
11 |
10 |
09 |
08 |
07 |
06 |
05 |
04 |
03 |
02 |
01 |
00 |
99 |
98 |
97 |
96 |
95 |
94 |
93 |
92 |
91 |
90 |
89 |
88 |
87 |
86 |
85 |
84 |
83 |
82 |
81 |
80 |
79 |
78 |
77 |
76 |
75 |
74 |
73 |
72 |
Copa |
5 |
|
C |
F |
F |
|
|
|
|
|
C |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
F |
|
|
|
|
|
|
|
C |
|
|
|
C |
|
|
|
|
|
C |
- Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión.
- Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.
Competicións continentais [editar]
Gloucester Rugby é un clásico das competicións europeas, máis da Heineken Cup que da Challenge Cup. O único título europeo no palmarés do club é a Challenge Cup que gañou na tempada 2005-06, batendo na final a London Irish.
- C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.
Tempada actual [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
— Aviva Premiership — —
|
|
| Equipos 2012/13 |
|
|
| Tempadas |
|
|
| Antigos equipos |
|
|
| Datos |
|
|
| Competicións inglesas |
|
|