Nacha Guevara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNacha Guevara

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Clotilde Acosta Editar o valor em Wikidata
3 de outubro de 1940 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Mar del Plata, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , cantante , compositora de cancións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webnachaguevaraweb.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0346485 Allocine: 26687 Allmovie: p29142
Facebook: NachaGuevaraWeb Twitter: nachaguevara Spotify: 0439EWLqkNEatVwyJWb0Go iTunes: 155801240 Musicbrainz: 6efe1435-9990-453c-b807-96f98ae1a124 Discogs: 2473261 Allmusic: mn0000375707 Genius: Nacha-guevara Editar o valor em Wikidata

Clotilde Acosta Badalucco, nada en Mar del Plata o 3 de outubro de 1940, máis coñecida como Nacha Guevara, é unha cantante, bailarina, actriz e directora teatral arxentina.

Biografía[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Nacha Guevara en 1969

Naceu co nome de Clotilde Acosta. Estudou Danza clásicas e Actuación no Teatro Colón, foi modelo e fixo teatro dirixida por Juan Silber en Locos de verano de Gregorio de Laferrère en 1968. Aos 28 anos, despois dunha breve carreira como actriz en teatro independente e en pequenas intervencións cinematográficas, preséntase no teatro Payró cun espectáculo experimental de cancións titulado Nacha de noche. Un ano máis tarde, en 1969 chegou Anastasia Querida xunto co seu compañeiro Alberto Favero, músico de extracción clásica que compuxo a Suite Trane en homenaxe a John Coltrane e que a acompañará durante a súa carreira. Estuda canto e perfecciónase coa mezzosoprano e pedagoga Susana Naidich.

En 1969, en pleno goberno de facto e no mesmo estilo de Nacha de noche avalada polo ámbito transgresor do Instituto Di Tella ten o seu primeiro éxito co recital Anastasia querida («Anastasia» era o nome que se lle daba á censura en Francia durante o maio francés e os tumultuosos anos que seguiron a 1968) grazas á invitación de Roberto Villanueva, entón director do Centro de Experimentación do instituto.

Nacha Guevara e Alberto Favero en 1970

O espectáculo, integrado con versións libres de cancións de Jacques Brel, Boris Vian, Georges Brassens, Serge Gainsbourg, Tom Lehrer, Violeta Parra e os arxentinos Griselda Gambaro, Julio Cortázar, Jorge de la Vega e Ernesto Schoo[1] atacaba de maneira irreverente e desapiadada as institucións e costumes, escandalizando o público porteño que acudía ao «templo da vangarda arxentina» dirixido por Jorge Romeu Brest.[2] Anastasia querida recibiu a mención como o «espectáculo do ano» outorgado pola revista Primera Plana e apareceu na portada do seu primeiro LP sentada nun inodoro.

Con El ejército de la nueva canción, Las damas de beneficencia, Un buen par de patadas e El tiempo no tiene nada que ve pasa a formar parte da canción protesta arxentina.

Nacha Guevara xunto coa vedette Norma Pons no Teatro Maipo, 1970

En 1970, a ditadura militar de Onganía clausurou o Instituto Di Tella e Nacha pasa ao underground do café-concert, canta na mítica La botica del ángel de Eduardo Bergara Leumann (onde parodiou a Libertad Lamarque e outras cantantes), en El gallo cojo de Lino Patalano, en La Fusa de Punta del Este e La cebolla en Mar de la Plata.

Personaxe polémico en programas de opinión en televisión prosegue cunha serie de recitais de maior envergadura vocal e compromiso ideolóxico con cancións sobre poemas de Pablo Neruda, José Agustín Goytisolo e da frutífera colaboración co escritor uruguaio Mario Benedetti musicalizados por Favero, o álbum Canciones para mis hijos e un espectáculo no teatro IFT co nome de Este año fue el que fue sobre textos propios e de Tom Lehrer, Juca Chávez, Nicolás Guillén e outros satirizando o acontecer nacional e mundial.

En 1973 e 1974 no remodelado para café-concert, Teatro Margarita Xirgu de Buenos Aires presenta Las mil y una Nachas. Un music-hall de infrecuentes características para Buenos Aires onde cantaba dezaseis personaxes nun espectacular marco do escenógrafo Claudio Segovia, con coreografía de Lía Jelín e orquestra dirixida por Favero que tamén participaba nalgúns sketches.

Esta revista musical presentou a un público máis amplo outra Nacha Guevara, menos combativa, igualmente satírica e que demostraba a combinación dos seus talentos de cantante, actriz e bailarina. Obtén o premio «Estrella 1973» dos críticos do Informe do Espectáculo cimentando unha percepción diferente da súa actividade artística.

Exilio[editar | editar a fonte]

Nacha Guevara nunha reportaxe para Siete días ilustrados, 1974

O primeiro exilio da artista tivo lugar en outubro do ano 1974 regresando a Arxentina meses despois. En 1975 realizou unha versión aumentada e modernizada de Las Mil y una Nachas no novo complexo teatral Estrellas mais, logo do ensaio xeral e antes da estrea estalou unha bomba no teatro, matando a un operario e deixando numerosos feridos.

Simultaneamente, foi ameazada de morte xunto a outros vinte e seis artistas, pola organización terrorista de dereita Triple A. Abandonou o país con Favero e cos seus fillos instalándose primeiro no Perú e logo en México, onde recibiu o Premio Especial 1975 da Unión de Críticos e Cronistas de Teatro (de México).

Percorre o continente iberoamericano con Nacha de noche e participa no 2.º Festival Internacional de Teatro de São Paulo. O seu éxito no Brasil obrígaa a quedar tres meses máis do previsto. Incorpora temas de Pablo Milanés, Silvio Rodríguez, Gian Franco Pagliaro, Mike Porcel e Amaury Pérez e preséntase no Teatro Hubert Le Blanc, na Habana (Cuba). En España estreou no Teatro Valle-Inclán de Madrid permanecendo en cartel nove meses consecutivos.

Entre 1978 e 1982 estableceuse en España (onde gravou discos e fixo numerosas xiras) con visitas periódicas a Nova York onde interesou o produtor e director teatral Harold Prince que a introduce no mercado estadounidense con presentacións en Nova York, Washington e Chicago. Por aquela época e pola contorna na que se manexaba toma contacto coa cábala.

Volve a Arxentina co restablecemento da democracia. Con Aquí estoy marca un retorno importante que demostra o seu crecemento artístico e a asimilación da experiencia internacional. Reedita e recompila os seus traballos discográficos: os da Arxentina dos anos sesenta e setenta e os de España no seu primeiro disco arxentino en nove anos. Co seu novo álbum de estudio, Los patitos feos, consegue un dos éxitos máis grandes da súa carreira con clásicos como Fuimos los patitos feos, Mi ciudad, Vuelvo e Por qué cantamos.

En 1986 presenta no Teatro Maipo outra visión de Eva Perón nun musical completamente oposto ao Evita de Andrew Lloyd Weber (do que canta en recitais a canción No llores por mí, Argentina) asinado por Pedro Orgambide e con música de Favero: Eva que obtén un respectábel éxito.

Retorna ao cine como actriz nun papel secundario en Miss Mary de María Luisa Bemberg e en 1989 filma Cuatro caras para Victoria de Óscar Barney Finn sobre a escritora Victoria Ocampo (as outras tres Victorias son Carola Reyna, Julia von Grolman e China Zorrilla).

En 1991 aborda o seu traballo máis cuestionado, Heavy Tango, que fusionou tango con outros ritmos. Nel compartiu un dúo con Tita Merello, o último rexistro musical da famosa artista. Tamén ese ano traballou en Sevilla, gravou varios programas de televisión xunto co xornalista Jesús Quintero e realizou unha serie de actuacións con motivo da EXPO 92.

Nos finais do século XX, promove unha aproximación ecolóxica e espiritual (ioga, meditación e autoaxuda) en programas de televisión como Me gusta ser mujer (1993).

Nacha Guevara presentou Nacha Guevara 100%: del Di Tella al 2000 no que repasou 20 anos de carreira.[3]

No 2000[editar | editar a fonte]

Nacha Guevara reunida coa presidenta Cristina Fernández na Casa Rosada, 2009.

O século XXI atópaa como figura dos medios firmemente estabelecida que goza do respecto de quen a viron medrar como artista e dos mozos que admiran a súa enerxía e logros artísticos. Os últimos anos estiveron dominados por importantes montaxes escénicas como a que presentou en España de xaneiro a maio de 2000, La vida en tiempo de tango (en el 2000 también), outro fito na súa carreira. En 2002, presentou no Teatro Calderón de Madrid 60 años no es nada.

O ano 2002 marcou o lanzamento do seu libro 60 años no es nada, publicado por editorial Planeta en España, un éxito de vendas merecedor do Premio Júbilo. En agosto de 2002 realizou a estrea mundial de Qué me van a hablar de amor, show musical que reúne cancións de amor de grandes autores, no Festival Internacional de Teatro e Danza das Illas Canarias. En setembro e outubro dese ano realizou unha xira por México co espectáculo La vida en tiempo de tango.

No ano 2003, volveu á rúa Corrientes de Buenos Aires, ao Teatro El Nacional con Qué me van a hablar de amor, co cal saíu de xira pola Arxentina e o Uruguai e o Festival Internacional de Tamaulipas (México, outubro de 2003) e o Festival Internacional de Teatro de Monterrey (México, novembro de 2003). Tamén visitou con el Porto Rico e Chile, actuando por primeira vez nese país.

Ao ano seguinte uniuse ao músico e compositor Lito Vitale para crear Passion, un show de cancións eclécticas, que pasaban dun tango, a unha aria ou a unha canzonetta.

Nacha Guevara na inauguración da sala Martín Coronado do Teatro San Martín, 2015.

En 2004 interpretou na telenovela Padre Coraje a unha cantante lírica, polo que gañou o Premio Martín Fierro como a Mellor Actriz Invitada. En 2005 protagonizou a obra teatral de El Graduado xunto a Felipe Colombo, permanecendo nove meses en cartel, con excelentes críticas. Participou no ciclo televisivo Botines, papel polo que foi novamente candidata un premio para Mellor Actriz, e no ciclo televisivo Mujeres asasinas, onde personificou a envelenadora arxentina Yiya Murano. Protagonizou a tira de Canle 9 de Buenos Aires El tiempo no para e na revista Un país de revista.

Durante 2007 foi xurado do reality show Coronados de gloria, concurso onde se pretende escoller ao mellor representante e cantante de folclore arxentino.

En 2008 estreou a obra Eva, el gran musical argentino en Buenos Aires e Teatro Argentino de La Plata, unha reelaboración do musical Eva de 1986.

En 2011, estrea un espectáculo en homenaxe a Tita Merello onde a encarna.

En 2013 foi xurado do reality chamado El artista el año emitido por Canal 13.

Entre 2014 e 2015, Guevara foi convocada para xurado en Bailando por un Sueño, conducido por Marcelo Tinelli.

Participación política[editar | editar a fonte]

Participou na campaña presidencial de Duhalde-Ortega en 1999 e en 2009 foi candidata a deputada nacional en Frente Para la Victoria apoiando a Néstor Kirchner, saíu como deputada mais renunciou ao escano.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]