Cristina Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cristina Fernández de Kirchner")
Cristina Fernández de Kirchner
Cristina Fernández
Cristina Fernández de Kirchner en 2010

Actualmente no cargo
Dende o 10 de decembro de 2007

Datos persoais
Nacemento 19 de febreiro de 1953 (62 anos)
La Plata, Arxentina
Partido Frente para la Victoria
Profesión Avogada e política

Cristina Elisabet Fernández de Kirchner (Cristina-fernandez-de-kirchner.ogg pronunciación ), nada en La Plata (Provincia de Buenos Aires) o 19 de febreiro de 1953, é a presidenta de Arxentina. Entre o 25 de maio do 2003 e o 10 de decembro de 2007 foi ademais primeira dama, por ser daquela o seu marido, Néstor Kirchner, Presidente da Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En xullo do 2007[1] foi oficialmente elixida candidata para Presidenta da Nación polo Partido Frente para la Victoria para as eleccións presidenciais do 2007 na Arxentina.

O 28 de outubro de 2007 resultou electa como Presidenta da Nación Arxentina ,[2][3] converténdose na segunda muller en gobernar o país, pero sendo a primeira electa polo pobo para ocupar ese cargo (a primeira, María Estela Martínez de Perón, foi electa como vicepresidenta e ocupou a presidencia logo da morte do seu marido Juan Domingo Perón en 1974). Tomou posesión do cargo o 10 de decembro de 2007.

Presidentes de Arxentina

Segue a:
Néstor Kirchner
Cristina Fernández
(2007-?)

Precede a:
exercendo no cargo
Partido Xusticialista

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.vieiros.com/nova/59503/a muller de Kirchner quere ser presidenta.
  2. Dirección Nacional Electoral, Ministerio do Interior, Resultados Provisiorios
  3. amplamente, Cristina Kirchner gobernará Arxentina até o 2011