Néstor Kirchner
| Período de goberno: | 25 de maio de 2003- 10 de decembro de 2007 |
|---|---|
| Predecesor: | Eduardo Duhalde |
| Sucesor: | Cristina Fernández de Kirchner |
| Nado en: | 25 de febreiro de 1950 |
| Lugar: | Río Gallegos, Arxentina |
| Profesión: | político |
| Partido Politico | Partido Xusticialista |
Néstor Carlos Kirchner Ostoić, nado en Río Gallegos (Santa Cruz) o 25 de febreiro de 1950 e falecido en El Calafate o 27 de outubro de 2010[1], foi un político e avogado arxentino, pertencente ao Partido Xusticialista e á Fronte para a Vitoria, que foi o 54º presidente da Arxentina.
Traxectoria[editar]
Foi elixido presidente do Goberno do seu país o 25 de maio de 2003, logo de derrotar o ex-presidente Carlos Menem na segunda volta das eleccións dese ano; até o 10 de decembro de 2007, cando foi sucedido pola súa dona, Cristina Fernández.
Anteriormente fora intendente de Río Gallegos (1987-1991) e gobernador da provincia de Santa Cruz (1991-2003). No 2009 foi escolleito deputado da Nación Arxentina pola Provincia de Bos Aires, con mandato desde o 10 de decembro de 2009 até o 10 de decembro de 2013. Desde o 4 de maio de 2010 ata o seu falecemento desempeñou o cargo de secretario xeral da Unasur.[2]
Tamén actuou como presidente do Partido Xusticialista, cargo ao que renunciou o 29 de xuño de 2009 e volveu ocupar o 11 de novembro de 2009, asumíndoo oficialmente o 10 de marzo de 2010.
Notas[editar]
- ↑ Nova do falecemento en Xornal.com
- ↑ "Kirchner juró como secretario general de la Unasur ...". lanacion.com. 4 de maio de 2010. http://www.lanacion.com.ar/nota.asp?nota_id=1261034.
Véxase tamén[editar]
| Presidentes de Arxentina | ||
|---|---|---|
Segue a: Eduardo Duhalde |
Néstor Kirchner | Precede a: Cristina Fernández de Kirchner |
| Partido Xusticialista | ||