Morcego de Bechestein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Morcego de Bechestein
Vespertilion bechstein.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (NT)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Familia: Vespertilionidae
Subfamilia: Myotinae
Xénero: 'Myotis'
Especie: 'M. bechsteinii'
Nome binomial
''Myotis bechsteinii''
Kuhl, 1817
Dist Morcego de Bechestein GZ.svg

Sinonimia
  • favonicus, Thomas, (1906).
  • ghidinii, Fatio, (1902).

O morcego de Bechestein (Myotis bechsteinii) é unha especie de morcego pertencente á familia Vespertilionidae.

Descrición[editar | editar a fonte]

Tamaño mediano (O: 23,0-26,0 mm;Ps: 7,0-14,0 g.). Orellas anchas e longas, maiores ca noutros Myotis, separadas na base ao contrario que en Plecotus, con nove pregues transversais no bordo externo e grolo longo en forma de lanceta.

Pelame longa, dorso pardo escuro e ventre gris claro. Crías de cor gris claro. Espolón recto de lonxitude 1/3-1/2 do uropatagio. Última vértebra caudal libre. Plagiopatagio comeza na base dos dedos. Fórmula dentaria: (2.1.3.3/3.1.3.3.)

Distribución[editar | editar a fonte]

Mapa de distribución europea

Pode atoparse nos seguintes países: Austria, Armenia, Bielorrusia, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Francia, Xeorxia, Alemaña, Hungría, Irán, Italia, Liechtenstein, República de Macedonia, Moldavia, Montenegro, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Turquía, Ucraína, e o Reino Unido.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Os morcegos rateiros forestais habitan en bosques axeitados para o seu desenvolvemento, os cales deben comprender polo menos vinte e cinco hectáreas. Moi poucas ocasións poden ser vistos fóra destes bosques.

A distribución no Reino Unido deste morcego foi analizada pola Rede de Biodiversidade Nacional.[1]

Frecuentemente aniñan en troncos ocos ou en buracos producidos polos paxaros carpinteiros, en carballos e en freixos, os cales parecen ser os máis comúns.

Protección[editar | editar a fonte]

Este animal está protexido baixo a Directiva de Hábitats de Europa. No Reino Unido a súa rareza provocou que os bosques que albergan á especie fosen considerados para pasar a ser sitios de interese científico especial e poderían obter unha bolsa de parte de Natural England para garantir a protección.

Ecolocación[editar | editar a fonte]

As frecuencias empregadas por esta especie de morcegos varían entre 35-108 kHz. As súas chamadas ecolocalizadoras acadan o seu máximo de enerxía en 61 kHz e teñen unha duración media de 3,3 ms.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Myotis bechsteinii". http://data.nbn.org.uk/gridmap/gridmap.jsp?allDs=1&srchSpKey=NHMSYS0000528024. Consultado o 5 de xaneiro de 2011.
  2. Parsons, S. e Jones, G. (2000) 'Acoustic identification of twelve species of echolocating bat by discriminant function analysis and artificial neural networks.' J Exp Biol., 203: 2641-2656.
  3. Obrist, M.K., Boesch, R. e Flückiger, P.F. (2004) 'Variability in echolocation call design of 26 Swiss bat species: Consequences, limits and options for automated field identification with a synergic pattern recognition approach.' Mammalia., 68 (4): 307-32.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morcego de Bechestein Modificar a ligazón no Wikidata