Goberno Provisional Ruso
| Временное правительство России Vremennoye pravitel'stvo Rossii Российская республика Rásiskaya republika República rusa |
|||||
|
|||||
|
|||||
| Himno: "A Marsellesa" | |||||
| Capital | Petrogrado | ||||
| Lingua | Ruso | ||||
| Goberno | República | ||||
| Historia | |||||
| • Establecido | 1917 | ||||
| • Disolución | 1917 | ||||
| Moeda | Rublo ruso | ||||
O Goberno Provisional Ruso formouse en Petrogrado tras a caída do Imperio Ruso e a abdicación do tsar Nicolao II a comezos de 1917.
Índice |
Creación do Goberno Provisional [editar]
Cando a autoridade do goberno do tsar empezou a fallar en marzo de 1917, a Duma e o Soviet de Petrogrado competiron polo poder. Como compromiso, formouse un goberno provisional de coalición (composto maioritariamente por membros do Partido Democrático Constitucional) entre os partidos liberais burgueses e os moderados socialistas que debía dirixir o país ata as eleccións da asemblea constituínte. Cando o tsar Nicolao II abdicou o 15 de marzo de 1917 e o seu irmán, o gran duque Miguel, rexeitou o trono o día seguinte, o goberno provisional dirixiu Rusia de xeito formal, mais o seu poder estaba limitado pola crecente autoridade do Soviet de Petrogrado.[1]
O novo goberno pareceu contar inicialmente cun apoio abrumador e estivo formado por moitas das máis brillantes figuras dos liberais rusos, como o novo primeiro ministro Georgy Lvov, progresista e espertado veterano do traballo nos zemtsvos.[2]
A revolución bolxevique e a fin do goberno provisional [editar]
O goberno provisional tivo éxito na organización das eleccións, mais fracasou no intento de finalizar coa participación rusa na Primeira Guerra Mundial (organizando a Ofensiva Kérenski), debilitando así a súa popularidade entre os detractores da guerra.
O goberno foi derrocado con extrema facilidade polos bolxeviques, que instauraron o seu propio «goberno provisional», o 7 de novembro de 1917 na coñecida Revolución de Outubro.[3] A pesar de que o plan bolxevique para tomar o poder era coñecido desde moitas semanas o goberno, debilitadísimo, foi incapaz de impedilo.[3] O goberno contaba para entón con escasas simpatías na capital e no campo e aínda menos defensores.[3]
Primeiros ministros do goberno provisional [editar]
- Príncipe Georgy Yevgénievich Lvov (23 de marzo - 21 de xullo)
- Aleksandr Kérenski (21 de xullo – 8 de novembro)
Notas [editar]
- ↑ Rabinowitch (1991), p. 29
- ↑ Rabinowitch (1978), p. XXI
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Gill (1978), p. 241