Ana Romero Masiá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna Romero Masiá

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriadora , arqueóloga , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeXosé Manuel Pose Mesura Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 252995
Ana Romero Masiá, na Fundación Luís Seoane na xornadas Centenario de Manuel Murguía 1923-2023.

Ana María Romero Masiá, nada en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1952, é unha historiadora e profesora galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo a licenciatura de Historia Antiga e Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente fixo o seu doutoramento en Historia na Universidade da Coruña. Traballou ata a súa xubilación como Catedrática de Xeografía e Historia no IES Monte das Moas da Coruña, do que foi directora en 2012.[2]

Durante a década dos 80 foi a arqueóloga encargada das escavacións do castro de Borneiro.[3]

En 2022 nomeárona membro correspondente da Real Academia Galega[4] e desde 2023 preside o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casada con Xosé Manuel Pose Mesura,[6] catedrático de latín no ensino secundario e delegado do goberno en Galicia.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Libro de Sociais de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO[1]
  • Catalogación arqueolóxica da ría de Ferrol (1986). A Coruña : Padroado do Museu Arqueolóxico Provincial. ISBN 84-505-3915-3 (en colaboración con Xosé Manuel Pose Mesura).
  • Castro de Borneiro: campañas 1983-84 (1987). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-505-5078-5
  • Galicia nos textos clásicos (1988). A Coruña: Padroado do Museu Arqueolóxico Provincial, 1988.  ISBN 84-505-7380-7 (en colaboración con Xosé Manuel Pose Mesura).
  • A fábrica de tabacos da Palloza: producción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas (1997). A Coruña: Federación de Alimentación, Bebidas e Tabacos de Galicia, UGT. ISBN 84-605-6245-X
  • Salgadeiras e conserveiras de pescado en Galicia: evolución histórica e o traballo das mulleres (2000). A Coruña: Federación de Alimentación, Bebidas e Tabacos de Galicia UGT. ISBN 84-607-0242-1 (en colaboración con José Alfeirán Rodríguez).
  • Historia contemporánea e cine. Modelos de aproveitamento didáctico (2004). A Coruña: Baía. ISBN 84-96128-72-5 (en colaboración con José Alfeirán Rodríguez).
  • O orballo da igualdade: asociacionismo feminino progresista na cidade da Coruña (2005). A Coruña: Baía. ISBN 84-96526-01-1 (en colaboración conCarlos Pereira Martínez)
  • A Coruña liberal, 1808-1874 a loita polas liberdades a través da documentación municipal (2005). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96526-00-3
  • María Barbeito (2014). Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970). (2014). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-9995-141-6
  • Mercedes Tella Comas (1868-1934). (2022). A Coruña: Baía.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Itinerarios naturais: A Frouxeira (1979).
  • Historia do Mundo Contemporáneo. Textos escollidos (1986)
  • Historia do Mundo Contemporáneo. Guía do curso (1987)
  • Traballos prácticos de Xeografía (1987).
  • A Historia das civilizacións a través do cine (1989).
  • Historia do Mundo Contemporáneo. Guía da Revolución Francesa (1989)
  • A Coruña romana (1989).
  • Ferrol a través dos textos literarios e históricos (1990, reed. 1995)
  • Castelao, ilustrador de "El cuento semanal" (1992).
  • Diccionario de termos de Arqueoloxía e Prehistoria (1995).
  • A Coruña na época da Ilustración. 1700-1808 (1997).
  • A Coruña: evolución urbanística. Planos e imaxes (1997).
  • Republicanismo coruñés. Aproximación histórica e selección documental. 1868-1936 (2001).
  • Germinal. Centro de Estudios Sociais (Cultura obreira na Coruña, 1902-1936( 2003). (en colaboración con Carlos Pereira).
  • Severino Chacón. Líder sindical do mundo do tabaco (2003). Fundación Luís Tilve. ISBN 84-95773-02-3 (en colaboración con Severino Chacón).
  • O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza (2005). Baía Edicións.
  • Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República (2011). Fundación Luís Tilve. (en colaboración con Carlos Pereira).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica no 2011, por Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, con Carlos Pereira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ficha da autora Arquivado 22 de abril de 2016 en Wayback Machine. en Baía Edicións
  2. 2,0 2,1 "Fallece el exdelegado del Gobierno José Manuel Pose Mesura". laopinioncoruna.es/coruna (en castelán). 5-11-2012. Consultado o 1-12-2019. 
  3. Un balneario castreño en Bergantiños La Voz de Galicia, 9/3/2011 (en castelán)
  4. "A historiadora Ana Romero Masiá, académica correspondente". Real Academia Galega. 15 de outubro de 2022. 
  5. Laura Veiga (5 de xullo de 2023). "Ana Romero, directora do Instituto José Cornide: "Confío en que a situación do Instituto mude drasticamente de aquí a un ano"". Nós. 
  6. Millares, E. (27-7-2008). "El amor nació y creció en Cabana". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 1-12-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]