Afonso Froilaz
| Monarcas de Galicia |
|---|
| Reino de Galicia |
Afonso Froilaz foi rei de León e da Galiza[1] durante un breve lapso de tempo, entre 925 e 926; tan desafortunado foi que a historia nin sequera o rexistra cun ordinal para acompañar o nome.
A súa situación na cronoloxía dos "Reis de León" foi estabelecida só no século XX por Claudio Sánchez-Albornoz apoiándose en dous textos do século X, a nómina "rotense" e a "vigilana". Fillo e sucesor natural de Froila II, que xa tivera un reinado conflitivo, pois era un usurpador e contaba con moitos inimigos, poucos meses despois de ascender ao trono os fillos de Ordoño II, Sancho Ordoñes e Afonso Ordoñes tomaron armas contra el, por se xulgaren con máis dereito á coroa de León (unha vez que o trono lles fora usurpado polo pai de Afonso, o rei Froila, irmán de Ordoño). Sancho ficou coas terras galegas ao norte do rio Miño e Afonso coas Terra de Foris. Asturias e Castela (coroado o 12 de Febreiro de 926). Afonso Froilaz, vencido, refuxiouse nas Asturias, onde parece que mantivo o control da rexión até 931 sen renunciar ás súas pretensións ao trono. En 932 foi feito prisioneiro, xunto cos seus irmáns Ordoño e Ramiro, e o anterior rei, Afonso IV, por Ramiro II, o cal ordena que sexan todos cegados e encarcerados en mosteiros. No mosteiro de Ruiforco morreu uns anos mais tarde; dise que o futuro Ordoño IV era seu fillo, mais non hai probas que corroboren que Afonso teña tido descendentes.
Reino de Galiza |
||
|---|---|---|
Segue a: Froila II |
Afonso Froilaz | Precede a: Sancho Ordóñez |
| Astur-Leonesa | ||
Reino de León |
||
|---|---|---|
Segue a: Froila II |
Afonso Froilaz | Precede a: Afonso Ordóñez |
| Astur-Leonesa | ||
Notas [editar]
- ↑ Outros historiadores non fan a diferenciación política entre reino de Galiza e o de León, considerando que en realidade Afonso Froilaz foi rei de toda Galiza.