Ordoño III de León
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Monarcas de Galicia |
|---|
| Reino de Galicia |
Ordoño III foi un nobre galego, nado cara ao 925 e finado en Zamora no 956. É coñecido pola historiografía española como monarca do reino de León, mentres gran parte da historiografía galega considérao como rei da Galicia alto-medieval, exercendo como tal entre os anos 951 e 956.
Traxectoria [editar]
Fillo de Ramiro II e da aristócrata galega Adosinda, gañouse o apoio da nobreza galego-portuguesa, enfrontouse a navarros e casteláns, que apoiaban ao seu medio irmán Sancho na súa disputa polo trono. Este estaba apoiado polo reino de Navarra e o conde castelán Fernán González. Sancho finalmente perdeu na súa disputa polo poder en 953, tendo como segunda consecuencia o sometemento do conde castelán a Ordoño.
Este non foi o único problema que Ordoño III tivo durante o seu reinado, pois ademais soportou numerosas rebeldías internas, ataques dende España e unha sublevación de nobres galegos descontentos coa súa política. En resposta aos musulmáns, Ordoño enviou gran número de tropas, que conseguiron chegar até Lisboa (955). Ante unha incipiente guerra aberta, asinouse un tratado de paz entre o rei galaico e o califa Abd al-Rahman III (912-961).
Ordoño III levou a cabo unha exhaustiva reorganización dos seus territorios e continuou co proceso de fortalecemento das institucións reais que iniciara o seu pai.
| Predecesor: Ramiro II |
Rei de Galicia 951 - 956 |
Sucesor: Sancho I |