Pravia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Pravia
Situación do concello de Pravia en Asturias
Templo prerrománico de Santianes

Pravia é un concello do centro de Asturias. Linda ao norte con Cudillero e con Muros del Nalón, polo leste con Candamo e Soto del Barco, polo oeste con Cudillero e mais Salas e ao sur con Candamo e mais Salas. A súa área abranxe 103 km², cunha poboación, segundo o censo de 2005, de 9.200 habs, o que supuña unha densidade populacional algo superior aos 89 hab/km².

Etimoloxía do topónimo[editar | editar a fonte]

A maioría das teses sostidas polos eruditos locais son forzadas e, ás veces, fantasiosas. A máis racional é a que sostén unha orixe, como moitas outras, nun antropónimo dun posesor tardorromano ou alto medieval, neste caso dun Pravius, que está ben testemuñado; de aí orixinaríase unha *(villa) *Pravia.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Personalidades[editar | editar a fonte]