Richard Hamilton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard Hamilton

Richard Hamilton entrevistado no MACBA de Barcelona.
Nacemento 24 de febreiro de 1922
Lugar de nacemento Londres
Reino Unido Reino Unido
Morte 13 de setembro de 2011
Lugar de morte Londres
Nacionalidade inglés
Eido colaxe
pintura
Movemento Pop art
Traballos Just what is it that makes today's homes so different, so appealing?
Influenciado por Cézanne
cubismo
futurismo
cronofotografía
Premios Premio Max Beckmann
Praemium Imperiale

Richard Hamilton nado en Londres o 24 de febreiro de 1922 e finado 13 de setembro de 2011[1] foi un pintor británico, pionero do arte pop británico.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras deixar o colexio sen conseguir ningún título, entrou a traballar nunha axencia publicitaria da cidade, mentres que acode a clases nocturnas no Saint Martin's School of Art e no Westminster Technical College. Con dezaseis anos entra na Royal Academy of Art para estudar pintura, onde permanecería dous anos. Entre 1941 e 1946 traballou como delineante técnico, levando a cabo a súa primeira exposición en solitario en 1950, presentando unha colección de augafortes.

Nos anos cincuenta, a súa obra, influída por Cézanne, o cubismo, o futurismo e a cronofotografía, preocúpase polo movemento ou a perspectiva.

1952 sería un ano crave na súa traxectoria artística. Ese ano empezou a impartir clases de tipografía e deseño industrial na Escola Central de Arte e Deseño de Londres. Ao tempo fundou xunto a Eduardo Paolozzi, Lawrence Alloway, Alison e Peter Smithson e Nigel Henderson o Independent Group no Instituto de Arte Contemporánea de Londres (ICA).

En 1956, organizouse unha exposición para a Whitechapel Art Gallery, baixo o título This is Tomorrow (Isto é mañá). Hamilton organizou a contribución do Independent Group á mostra, na cal presentaría a súa colaxe Just What Is It That Makes Today's Homes So Different, So Appealing? (Pero que é o que fai aos fogares de hoxe en día tan diferentes, tan atractivos?), o cal converteríase no manifesto da arte pop británica, movemento no que interpretaría un papel esencial.

Nesta obra aparecen multitude de elementos da cultura de masas estadounidense: unha moza de revista (ver: pin-up girl e cover girl), un fisioculturista, un televisor, un logotipo de Ford, unha portada de historieta, unha aspiradora, un cartel de cine, un retrato dun antepasado centenario e un enorme Chupa Chups (chupetín ou caramelo con pau) sostido polo fisioculturista coma se fose unha raqueta de tenis, todo iso baixo o planeta Terra a modo de teito.

A súa obra nutrirase desde entón dos motivos e elementos da cultura popular e de masas.

Tamén foi o diseñador da cuberta do White Album (Álbum Branco) de The Beatles, en 1968. Precisamente a pintura e os colaxes de Hamilton fixéronse famosos en prácticamente en todo o mundo por ser un dos máis soados diseñadores gráficos das obras de The Beatles sendo nos '60 un dos máis coñecidos exponentes do pop-art xunto ao estadounidense Andy Warhol, con todo, tras ser un dos organizadores en 1967 dunha retrospectiva da obra de Marcel Duchamp na Tate Gallery de Londres, o seu deseño para o White Album chamou a atención polo deseño, a "ilustración" que fixo da cuberta de tal LP foi absolutamente minimalista -literalmente tal álbum era "ilustrado" coa non-cor branco, era un álbum como o sinala a etimoloxía latina-, moi austera e moi seria, polo cal rompía cos típicos abigarrados e alegres deseños do pop-art sesentista, neste caso tomaba distancia de coetaneos como Peter Blake.

En 2007 a cidade de Frankfurt outorgoulle o Premio Max Beckmann. Ao ano seguinte foille concedido o Praemium Imperiale de Pintura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Muere Richard Hamilton, padre del 'pop art'(en castelán)
  2. Frisach, Montse (19 de novembro de 2010). Art Made in Britain. Barcelona: Presència. pp. p. 62-64. GI-143-1965.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Hamilton