Elton Brand
| Dallas Mavericks – No. 42 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de marzo de 1979 (34 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 115 kg (254 lb) |
| Instituto | Peekskill, Nova York |
| Información da carreira | |
| Universidade | Duke |
| NBA Draft | 1999 / Rolda: 1 / Elección: 1
Escollido por Chicago Bulls |
| Carreira | dende 1999 |
| Historial de equipos | |
| Chicago Bulls (1999–2001) Los Angeles Clippers (2001–2008) Philadelphia 76ers (2008–2012) Dallas Mavericks (2012–presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| 1× Co-Rookie do Ano (2000) 2× NBA All-Star (2002, 2006) 1× Xogador Máis Deportivo (2006) |
|
| Información en nba.com | |
Elton Tyron Brand, nado o 11 de marzo de 1979 en Cortland, Nova York, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Dallas Mavericks da National Basketball Association. Mide 2,03 m e pesa 116 kg, xogando na posición de ala-pivote.
Índice |
Traxectoria[editar]
Universidade[editar]
Antes de entrar na NBA, Brand xogaba na universidade de Duke. No seu último ano alí, conseguiu o campionato da NCAA de 1999 co seu actual compañeiro de equipo Corey Maggette. Gañou o prestixioso premio Naismith College Player of the Year, que se lle concede ao mellor universitario do ano, esa mesma temada. É licenciado en Socioloxía.
NBA[editar]
Foi elixido polos Chicago Bulls na posición número 1 da primeira rolda do draft da NBA de 1999. No seu primeiro ano promediou 20.1 puntos e 10 rebotes en 37 minutos en 81 partidos (80 coma titular) e rematou sendo rookie do ano de 2000 xunto con Steve Francis, dos Houston Rockets. Tamén foi elixido para o equipo ideal de novatos nese ano. No seu segundo ano (2000-2001) obtivo promedios de 20.1 puntos, 10.1 rebotes, 3.2 asistencias e 1.6 tapóns en case 40 minutos en cancha. Xogou 74 partidos (todos de titular) e só se perdeu oito.
Na súa terceira tempada foi traspasado a Los Angeles Clippers a cambio de Tyson Chandler. Tivo un total de 18.2 puntos, 11.6 rebotes, 2.4 asistencias e 2.04 tapóns en 37.8 minutos en cancha. Xogou 80 partidos (todos titular) e participou no NBA All-Star Game substituíndo a Shaquille O'Neal. No seu cuarto ano fixo 18,5 puntos e 11,3 rebotes en 39,6 minutos. Xogou 62 partidos (61 de titular).
Na tempada 2003-04 obtivo medias de 20 puntos, 10,3 rebotes e 2,23 tapóns por partido en 38.7 minutos. Participou en 69 partidos (68 coma titular). No seu sexto ano de participación na NBA conseguiu 20 puntos, 9.5 rebotes, 2.6 asistencias e 2.1 tapóns en 37 minutos de acción en 81 partidos (todos coma titular). A tempada 2005-06 foi o seu mellor ano até ese intre. Fixo 24,7 puntos, 10 rebotes e 2,54 tapóns en 39,2 minutos en cancha. Xogou 79 partidos (todos de titular). O 9 de xullo de 2008 asinou cos Philadelphia 76ers un contrato de 82 millóns de dólares por cinco anos.
Brand asinou cos Dallas Mavericks tras ser amnistiado polos Sixers.[1]
Logros persoais[editar]
- Mellor Universitario do Ano en 1999.
- Elixido Rookie do ano da NBA (2000).
- Elixido para o Mellor quinteto de rookies da NBA (2000).
- Elixido Xogador Máis Deportivo da NBA (2006).
- Elixido para o Segundo Equipo Ideal da NBA (2006).
- Ganador do premio Magic Johnson (2002).
- Elixido MVP do Rookie Challenge (2000).
- Participou 2 veces no NBA All-Star Game.
- Xogou 12 partidos de playoffs (todos na tempada 2005-06), promediando 25.4 puntos, 10.3 rebotes, 2.6 asistencias e 2.1 tapóns en 43.1 minutos en cancha.
Máximas da súa traxectoria[editar]
- 44 puntos (2 veces)
- 18 tiros de campo convertidos (contra Indiana Pacers 24/02/2000)
- 26 tiros de campo intentados (2 veces)
- 1 tripla convertida (contra Milwaukee Bucks 11/03/2006)
- 1 tripla intentada (12 veces)
- 15 tiros libres convertidos (contra Utah Jazz 16/01/2006)
- 19 tiros libres intentados (contra Los Angeles Lakers (19/11/1999)
- 12 rebotes ofensivos atrapados (2 veces)
- 16 rebotes defensivos atrapados (contra Memphis Grizzlies 25/02/2002)
- 23 rebotes atrapados en total (2 veces)
- 10 asistencias (contra Indiana Pacers 26/01/2003)
- 5 roubos (2 veces)
- 8 tapóns (4 veces)
- 55 minutos xogados (contra Charlotte Hornets 09/01/2001)
Notas[editar]
- ↑ Stein, Mark (13 de xullo de 2012). "Mavericks claim Elton Brand". ESPN.com. Arquivado do orixinal o 13 de xullo de 2012. http://www.webcitation.org/698TVJ2bx.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
||||||||