Victorino de la Plaza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Victorino de la Plaza
Vdelaplaza.jpg
Presidente de (país): Flag of Argentina.svg Arxentina
Período de goberno: 9 de agosto de 1914-12 de outubro de 1916
Predecesor: Roque Sáenz Peña
Sucesor: Hipólito Yrigoyen
Nado en: 2 de novembro de 1840
Lugar: Salta, Arxentina
Faleceu en: 2 de outubro de 1919
Lugar: Buenos Aires
Profesión: avogado
Partido Politico Partido Autonomista Nacional

Victorino de la Plaza foi presidente da Arxentina entre 1914 e 1916, despois da morte de Roque Sáenz Peña ata completar o seu mandato.

Estudou Dereito en Buenos Aires e en 1868 logrou o doutorado. Foi secretario de Dalmacio Vélez Sársfield e colaborou coa redacción do Código Civil arxentino. Foi ministro de Facenda de Nicolás Avellaneda (1876), e ministro de Relacións Exteriores (1882) e de Facenda (1883-1885) na primeira administración de Julio Argentino Roca. Foi elixido vicepresidente na fórmula da Unión Nacional presidida por Roque Sáenz Peña en 1910. Asumiu a presidencia trala morte de Sáenz Pena e gobernou o país entre 1914 e 1916. Correspondeulle velar pola limpeza das primeiras eleccións presidenciais baixo a lei Sáenz Peña de sufráxio universal. Retirado da política, morreu de pneumonía. Contraeu matrimónio en dúas oportunidades. A primeira vez con Dona Ecilda Belvis Castellanos, con quen non tivo fillos. A segunda vez foi coa escocesa Emily Henry, tiveron un fillo, Victoriano de la Plaza Henry.

Presidentes de Arxentina

Segue a:
Roque Sáenz Peña
Victorino de la Plaza
Precede a:
Hipólito Yrigoyen
Partido Autonomista Nacional