Copa América 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sés da Copa América 2011

A Copa América 2011 é a edición número 43 da máxima competición sudamericana de fútbol entre seleccións nacionais, organizada pola Conmebol, e disputada en Arxentina. O torneo comezou o 1 de xullo de 2011 e rematou o 24 de xullo coa vitoria final para a Selección de fútbol de Uruguai.

Sés[editar | editar a fonte]

Cidade Estadio Capacidade
Bos Aires Estadio Monumental Antonio Vespucio Liberti 57.921[1]
Córdoba Estadio Mario Alberto Kempes 57.000[2]
La Plata Estadio Ciudad de La Plata 53.000[3]
Santa Fe Estadio Brigadier General Estanislao López 47.000[4]
Mendoza Estadio Malvinas Argentinas 40.268[5]
San Juan Estadio San Juan del Bicentenario 25.000[6]
San Salvador de Jujuy Estadio 23 de Agosto 23.000[7]
Salta Estadio Padre Ernesto Martearena 20.408[8]

Participantes[editar | editar a fonte]

Os equipos participantes nesta edición 2011 da Copa América son as 10 seleccións nacionais que compoñen a Conmebol mais 2 seleccións que foron invitadas, a de México e a de Costa Rica.

Equipos participantes
Arxentina Arxentina Chile Chile Ecuador Ecuador Perú Perú
Bolivia Bolivia Colombia Colombia México México Uruguai Uruguai
Brasil Brasil Costa Rica Costa Rica Paraguai Paraguai Venezuela Venezuela

Inicialmente a Selección de fútbol de Xapón estaba invitada a participar no torneo, pero a federación xaponesa de fútbol tivo que rexeitar a invitación por mor do terremoto que afectou a unha parte do norte do país en marzo de 2011.

Primeira Fase[editar | editar a fonte]

Grupo A[editar | editar a fonte]

Equipo Pts X G E P GF GC Dif
Flag of Colombia.svg Colombia 7 3 2 1 0 3 0 3
Flag of Argentina.svg Arxentina 5 3 1 2 0 4 1 3
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica 3 3 1 0 2 2 4 -2
Flag of Bolivia.svg Bolivia 1 3 0 1 2 1 5 -4
1 de xullo - La Plata
Arxentina Arxentina 1 Bolivia Bolivia 1
2 de xullo - San Salvador de Jujuy
Colombia Colombia 1 Costa Rica Costa Rica 0
6 de xullo - Santa Fe
Arxentina Arxentina 0 Colombia Colombia 0
7 de xullo - San Salvador de Jujuy
Bolivia Bolivia 0 Costa Rica Costa Rica 2
10 de xullo - Santa Fe
Colombia Colombia 2 Bolivia Bolivia 0
11 de xullo - Córdoba
Arxentina Arxentina 3 Costa Rica Costa Rica 0

Grupo B[editar | editar a fonte]

Equipo Pts X G E P GF GC Dif
Flag of Brazil.svg Brasil 5 3 1 2 0 6 4 2
Flag of Venezuela.svg Venezuela 5 3 1 2 0 4 3 1
Flag of Paraguay.svg Paraguai 3 3 0 3 0 5 5 0
Flag of Ecuador.svg Ecuador 1 3 0 1 2 2 5 -3
3 de xullo - La Plata
Brasil Brasil 0 Venezuela Venezuela 0
3 de xullo - Santa Fe
Paraguai Paraguai 0 Ecuador Ecuador 0
9 de xullo - Córdoba
Brasil Brasil 2 Paraguai Paraguai 2
9 de xullo - Salta
Venezuela Venezuela 1 Ecuador Ecuador 0
13 de xullo - Salta
Paraguai Paraguai 3 Venezuela Venezuela 3
13 de xullo - Córdoba
Brasil Brasil 4 Ecuador Ecuador 2

Grupo C[editar | editar a fonte]

Equipo Pts X G E P GF GC Dif
Flag of Chile.svg Chile 7 3 2 1 0 4 2 2
Flag of Uruguay.svg Uruguai 5 3 1 2 0 3 2 1
Flag of Peru.svg Perú 4 3 1 1 1 2 2 0
Flag of Mexico.svg México 0 3 0 0 3 1 4 -3
4 de xullo - San Juan
Uruguai Uruguai 1 Perú Perú 1
4 de xullo - San Juan
Chile Chile 2 México México 1
8 de xullo - Mendoza
Uruguai Uruguai 1 Chile Chile 1
8 de xullo - Mendoza
México México 0 Perú Perú 1
12 de xullo - Mendoza
Chile Chile 1 Perú Perú 0
12 de xullo - La Plata
Uruguai Uruguai 1 México México 0

Segunda Fase[editar | editar a fonte]

Eliminatorias[editar | editar a fonte]

As eliminatorias comezaron cos cuartos de final, aos que se clasificaron os 2 primeiros equipos de cada grupo, e os 2 equipos que remataron no 3º posto conseguindo mais puntos, ou en caso de empate a puntos, aquel co mellor índice de goles.

Terceiros clasificados Pts X G E P GF GC Dif
Flag of Peru.svg Perú (Grupo C) 4 3 1 1 1 2 2 0
Flag of Paraguay.svg Paraguai (Grupo B) 3 3 0 3 0 5 5 0
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica (Grupo A) 3 3 1 0 2 2 4 -2
Final
Competición Copa América
Tempada 2011
Estadio Monumental de Núñez (Bos Aires)
Capacidade 56.654 persoas
Data 24 de xullo de 2011
Resultado 3 · 0
Campión Uruguai Uruguai
Finalista Paraguai Paraguai



Cuartos de final Semifinais Final
                   
16 de xullo, Córdoba        
 Colombia Colombia   0
19 de xullo, La Plata
 Perú Perú   2  
  Perú Perú   0
16 de xullo, Santa Fe
    Uruguai Uruguai   2  
 Arxentina Arxentina   1 4
24 de xullo, Bos Aires
 Uruguai Uruguai   1 5  
  Uruguai Uruguai   3
17 de xullo, La Plata
    Paraguai Paraguai   0
  Brasil Brasil   0 0
20 de xullo, Mendoza
 Paraguai Paraguai   0 2  
  Paraguai Paraguai   0 5 Terceiro Posto
17 de xullo, San Juan
    Venezuela Venezuela   0 3  
 Chile Chile   1   Perú Perú   4
 Venezuela Venezuela   2     Venezuela Venezuela   1
23 de xullo, La Plata
O Estadio Monumental de Núñez acolleu a final do torneo.

Final[editar | editar a fonte]

A final da edición 2011 da Copa América tivo lugar no estadio Monumental de Núñez, en Bos Aires, o 24 de xullo de 2011. Nela enfrontáronse a Selección de Uruguai e a Selección de Paraguai.

Para chegar a esta final, a Selección de Uruguai tivo que clasificarse no grupo C, cousa que fixo gañando 1 encontro fronte a México e empatando os outros 2 fronte a Perú e Chile. Nos cuartos de final eliminou á selección anfitriona do campionato, Arxentina, e nas semifinais superou a Perú por 2 tantos a 0.

Pola súa banda, a Selección de Paraguai tivo como compañeiros no grupo B a Brasil, Ecuador e Venezuela, acadando como resultado 3 empates. Nos cuartos de final tivo que enfrontarse de novo a Brasil, co cal empatou novamente, aínda que acadou o pase a semifinais dende o punto de penalti. Nas semifinais repetiuse o enfrontamento con Venezuela, coa que Paraguai acadou o 5º empate seguido. O pase á final foi de novo acadado nos penaltis.

Na final o dominio do xogo pertenceu a Uruguai dende os primeiros minutos. No minuto 2 houbo un posible penalti a prol dos charruas por mans dun defensor guaraní dentro da área. No minuto 11 Uruguai abríu o marcador cun gol do dianteiro Luis Suárez. O segundo gol chegou no minuto 41, da man do tamén dianteiro Diego Forlán. Tralo descanso o encontro foi mais dividido, ainda que no minuto 89 Diego Forlán acadou o 3-0 a prol de Uruguai que pechou o marcador.

Uruguai acadou a súa 15ª Copa América, converténdose na selección mais laureada de Sudamérica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]