KK Crvena zvezda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «KK Crvena Zvezda Beograd»)
Crvena zvezda
Información xeral
Nome КК Црвена звезда
Liga KLS / ABA / Euroliga
Alcume Zvezda (Estrela)
Crveno-beli (Albivermellos)
Fundación 4 de marzo de 1945
Cores           Vermello, branco
Presidente Nebojša Čović
Adestrador Vladimir Jovanović
Seareiros Delije
Localización
Cidade Belgrado, Serbia
Pavillón Hala Pionir
Capacidade 8 150
Inauguración 1 de xuño de 1973
Campionatos
C. Saporta 1 (1974)
ABA Liga 6 (2015–2017, 2019, 2021−2022)
Liga 22 (1946–1955, 1969, 1972, 1993–1994, 1998, 2015–2019, 2021−2022)
Copa 11 (1971, 1973, 1975, 2004, 2006, 2013–2015, 2017, 2021−2022)
kkcrvenazvezda.rs

O Košarkaški klub Crvena zvezda (en serbio: Кошаркашки клуб Црвена звезда, trad. Club Baloncesto Estrela Vermella), tamén coñecido por motivos de patrocinio Crvena zvezda mts, é un equipo profesional de baloncesto de Belgrado, Serbia. Fundado en 1945, forma parte da Sociedade Deportiva Estrela Vermella de Belgrado. O club é membro fundador e accionista da Asociación de Baloncesto Adriático e compite na Liga Serbia (KLS), na ABA Liga e na Euroliga. O club os seus encontros no Hala Aleksandar Nikolić de Belgrado, pavillón inaugurado en 1973 popularmente coñecido como Hala Pionir. Os fans do Crvena zvezda son coñecidos como "Delije".

O Crvena zvezda está considerado como un dos clubs máis exitosos da historia de Serbia; o equipo posúe no seu palmarés 22 campionatos de Liga, incluíndo 10 consecutivos entre 1946 e 1955. Desde a súa fundación o club xogou en tres ligas nacionais diferentes: a Primeira Liga Federal Iugoslava (1945–1992), a Primeira Liga de Serbia e Montenegro (1992–2006) e a Liga de Serbia (2006 en diante). Tamén contan nas súas vitrinas con 11 títulos de Copa, 6 Campionatos da Liga Adriática, unha Supercopa do Adriático e unha Copa Saporta. O Crvena zvezda ten unha notábel rivalidade co KK Partizan. Este rivalidade comezou inmediatamente despois da creación dos dous clubs en 1945, sendo ambos os dominadores no baloncesto serbio desde entón. No Crvena zvezda xogaron dous membros do Salón da Fama (Borislav Stanković e Aleksandar Nikolić) e catro do Salón da Fama da FIBA ​​(Stanković, Nikolić, Nebojša Popović e Radomir Šaper).

Historia[editar | editar a fonte]

Comezos e dinastía (1940-1950)[editar | editar a fonte]

Ao gañar o primeiro dos seus dez títulos de liga consecutivos trala segunda guerra mundial, a época dourada do Estrela Vermella comezou. Ningunha selección nacional nacional podería imaxinarse sen sete ou oito xogadores de baloncesto do Estrela Vermella e no seu quinteto titular aparecen xogadores como Nebojša Popović, Tulio Roklicer, Aleksandar Gec, Ladislav Demšar ou Srđa Kalember. O seu estilo era único, e fixo que o baloncesto en Serbia se volvese máis popular, logrando os primeiros grandes resultados internacionais para a antiga Iugoslavia.

O equipo xogaba nunha cancha descuberta en plena fortaleza de Kalemegdan, na cidade alta de Belgrado, a grandeza deste equipo non pode negarse. Foron os pioneiros do baloncesto iugoslavo e alcanzaron resultados sorprendentes, entretendo á audiencia co seu estilo de xogo, do mesmo xeito que coa súa harmonía equipo tanto dentro como fóra da cancha. Despois dunha década chea de éxitos, o seu xogo comezou a declinar, o cambio xeracional chegou e o Estrela Vermella non volveu gañar ningún título en catorce longos anos.

Un xigante renace (1960-1970)[editar | editar a fonte]

O Crvena zvezda en 2015.

Despois de moito tempo de espera, o undécimo título foi gañado na tempada 1968-69, cando a Estrela Vermella gañou os seis partidos disputados durante a tempada contra Jugoplastika, Zadar e o Partizan, por tanto demostrando ser mellor que os seus tres grandes rivais. Encabezados por Vladimir Cvetkovic, o título foi gañado por Kapičić, Lazarević, Sarjanović, Simonović, Skulić, Slavnić, Pavlović, Đurić, Todosijević, Vučinić e Kapetanović. Nese momento foron o equipo con menos media de idade en gañaren o campionato de baloncesto iugoslavo.

O duodécimo título gañouse na tempada 1971-72, despois de que o éxito Zvezda na liga se fose deteriorando progresivamente. Nos anos 70 o club gañou a Copa de Iugoslavia en tres ocasións, destacando neses anos os xogadores por Slavnić, Simonović, Kapičić, Vučinić e Živković. Esta xeración de xogadores definitivamente fallou á hora de certificar o seu talento ao gañar tan só dúas ligas e tres copas nacionais. Con todo, considerábaselles capaces de atinxiren moito máis.

Novo regreso (1990)[editar | editar a fonte]

Os primeiros anos 90 caracterizáronse polos play-off finais contra o seu eterno rival, o Partizan, en 1992, perdendo finalmente dirixidos polo adestrador Dušan Vujošević. Con todo, o décimo terceiro título de liga foi gañado, despois dun intervalo de vinte e un anos, en 1993, tras gañar no quinto partido da final ao Partizan. Os xogadores que gañaron ese campionato son: Obradović, Ilić, Jovanović, Marinković, Jovanović, Lisica, Tomašević, Vidačič, Trifunović, Cvetković, Kaličanin e Stojaković (daquela só un mozo). Na seguinte tempada o Estrela Vermella gañou o seu décimo cuarto título de liga, literalmente, sen ningún problema. Na final dos playoffs varreron ao Partizan por 4 a 1.

O Zvezda gañou o campionato de liga por décimo quinta vez en 1998. Nos playoffs finais o Estrela Vermella venceu ao FMP Zeleznik por un marcador global de 3 a 1. A estrela principal dese equipo foi sen dúbida ao ala-pivote titular da selección iugoslava Milenko Topić, que contou coa axuda de xogadores como Rakočević, Popović ou Bolić.

Novo milenio (2000)[editar | editar a fonte]

Nemanja Bjelica.

Na primeira parte de 2002, o club cambio totalmente á súa dirección completa, e empresarios e políticos próximos ao Partido Demócrata, como Živorad Anđelković (alcumado Zika Pauk), Goran Vesić, e Igor Žeželj, fixéronse cargo de postos clave no club. Dende o verán de 2002 en diante, concibiuse un proxecto denominado "Evropska Zvezda" (Estrela Europea) co fin de, lenta e metodicamente, conseguir o regreso do club á súa antiga gloria. Para iso, o equipo contratou ao adestrador esloveno Zmago Sagadin, que se converteu na peza central da organización do club. Na súa primeira tempada en realidade non foi Sagadin o adestrador do equipo, xa que o papel foi dado a Aleksandar Trifunović, mais si tomou tódalas decisións importantes con respecto ao cadro de xogadores coma director deportivo. Finalmente, baixo a dirección de Sagadin o Estrela Vermella entrou na Liga do Adriático na tempada 2002-03. En agosto de 2003, antes da tempada 2003-04, Sagadin fíxose cargo das funcións de adestrador formalmente. A pesar de tódolos esforzos, o club non logrou gañar ningún trofeo importante neste período, e en novembro de 2004 Sagadin foi despedido.

Nos últimos anos o club está a loitar por volver a unha dinámica de vitorias, logrou gañar a Copas de Serbia en 2004 e 2006. A primeira delas tivo como escenario Novi Sad, onde venceron ao Partizan, aos locais da Vojvodina e, por último, ao Refleks de Železnik. Como curiosidade, os tres partidos os gañou na prórroga en tempo extra, algo destacable sobre todo ao ter en conta que o Estrela Vermella non contaba con algúns dos seus xogadores máis importantes, entre eles o capitán do equipo Igor Rakočević, que se perdeu a final. Ademais Rakočević, a copa foi gañada por Jeretin, Radivojević, Dozet, Mirković, Richardson, Bjelica, Đurić, Dragojlović, Bogdanović, Vitkovac e Nešović. A copa de 2006 foi cunha ampla vitoria sobre o Hemofarm por 80:65. O equipo campión estivo adestrado por Dragan Šakota, que contaba cos xogadores Gurović, Henderson, Raičević, O'Bannon, Milošević, Subotić, Mišanović, Dragojlović, Vitkovac, Radivojević e Antić.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Interior do Pionir Hall.
Artigo principal: Pionir Hall.

O Pavillón Pionir Hall ou Pionir Arena (en serbio: Хала Пионир, Hala Pionir) é o pavillón onde xoga os seus encontros coma local o Crvena zvezda. Está situado en Belgrado, concretamente na municipalidade de Palilula e a súa capacidade é de 8.150 espectadores. Foi construído en 1973, en tan só once meses, pola empresa construtora "Energoprojekt". Nesa época, o baloncesto iugoslavo estaba en pleno apoxeo, e aínda que Pionir ten organizado moitos eventos deportivos diferentes, como voleibol ou balonmán, rapidamente se fixo coñecido como un santuario do baloncesto.

O equipo nacional de Iugoslavia gañou o ouro europeo en 1975, baixo o seu teito, e tamén trouxo sorte aos campións de Lituania, o Žalgiris Kaunas, en 1998 cando gañaron a Copa Saporta. O Pionir é hoxe un moderno polideportivo totalmente equipado, que pode cumprir satisfactoriamente as normas básicas das competicións europeas. Este pavillón compárteo cos seus grandes rivais e compañeiros de cidade, o Partizan, aínda que este último xoga algúns dos seus encontros da Euroliga no novo Beogradska Arena, con capacidade para 23.000 espectadores.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

KK Crvena zvezda 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Idade
E-A 2 Lazarević, Stefan 2,00 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) 3 anos − 02020-05-04 4 de maio de 2020
AP-P 5 Gačić, Lazar 2,15 m (7 ft 1 in) 19 anos − 02005-01-31 31 de xaneiro de 2005
AP-P 9 Mitrović, Luka 2,06 m (6 ft 9 in) 107 kg (236 lb) 30 anos − 01993-03-21 21 de marzo de 1993
E-A 10 Lazić, Branko (C) 1,95 m (6 ft 5 in) 91 kg (201 lb) 35 anos − 01989-01-12 12 de xaneiro de 1989
E-A 13 Dobrić, Ognjen 2,00 m (6 ft 7 in) 93 kg (205 lb) 29 anos − 01994-10-27 27 de outubro de 1994
B 20 Ivanović, Nikola 1,90 m (6 ft 3 in) 85 kg (187 lb) 30 anos − 01994-02-19 19 de febreiro de 1994
AP 22 Ilić, Dalibor 2,06 m (6 ft 9 in) 94 kg (207 lb) 24 anos − 02000-03-04 4 de marzo de 2000
E-A 25 Holland, John 1,96 m (6 ft 5 in) 93 kg (205 lb) 35 anos − 01988-11-06 6 de novembro de 1988
B 27 Marković, Stefan 1,97 m (6 ft 6 in) 98 kg (216 lb) 35 anos − 01988-04-25 25 de abril de 1988
AP 30 White, Aaron 2,06 m (6 ft 9 in) 104 kg (229 lb) 31 anos − 01992-09-10 10 de setembro de 1992
P 32 Kuzmić, Ognjen 2,14 m (7 ft 0 in) 116 kg (256 lb) 33 anos − 01990-05-16 16 de maio de 1990
E 33 Nedović, Nemanja 1,91 m (6 ft 3 in) 87 kg (192 lb) 32 anos − 01991-06-16 16 de xuño de 1991
P Martin, Hassan 2,01 m (6 ft 7 in) 109 kg (240 lb) 27 anos − 01996-11-22 22 de novembro de 1996
Adestrador
Vladimir Jovanović
Asistente(s)
Marko Simonović
Branko Jorović
Miodrag Dinić
Director deportivo
Nebojša Ilić

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 08−082022

Palmarés individual[editar | editar a fonte]

Milan Gurović.

Basketball Hall of Fame

FIBA Hall of Fame

50 maiores contribuidores da Euroliga

Premios MVP Awards

Destacados[editar | editar a fonte]

1940
Década de 1950
Década de 1960
Década de 1970
Década de 1980
Década de 1990
Década de 2000
Década de 2010
Década de 2020

Palmarés[editar | editar a fonte]

Igor Rakočević.

Doméstico[editar | editar a fonte]

Liga de Iugoslavia

  • Campións (15): 1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1951, 1952, 1953, 1954, 1955, 1969, 1972, 1993, 1994, 1998

Liga de Serbia

  • Campións (7): 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2021, 2022

Copa de Iugoslavia

  • Campións (3): 1971, 1973, 1975

Copa de Serbia

  • Campións (8): 2004, 2006, 2013, 2014, 2015, 2017, 2021, 2022

Internacional[editar | editar a fonte]

Copa Saporta

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]