Košarkaška liga Srbije
A Naša Sinalko Liga é a principal competición nacional de baloncesto de Serbia. Antes da división de Serbia e Montenegro en 2006, a liga tamén incluía equipos de Montenegro, mais co inicio da temporada 2006-07 converteuse nunha liga exclusiva para equipos serbios, con Montenegro formando a súa propia competición.
Índice |
Tempada [editar]
A liga consta de dúas fases seguidas dun playoff de catro equipos.[1]
Fase 1 da tempada [editar]
A primeira fase está formada por 12 equipos. Os carto representantes serbios na Liga Adriática están exentos desta fase.[1]
Equipos [editar]
Fase 2 da tempada [editar]
Esta fase, tamén coñecida como Fase Sinalco Superleague, inclúe os catro mellores equipos da fase 1 e os catro equipos da Liga Adriática. Antes da extinción da Liga de baloncesto de Serbia e Montenegro, a segunda era unha fase de 12 equipos, con 8 deles clasificados da primeira fase e os outros catro da Liga Adriática.[1]
Equipos [editar]
Playoffs [editar]
Os catro mellores equipos da 2ª fase clasifícanse para os playoffs, cunha serie ao mellor de 3 partidos nas semifinais, e ao mellor de 5 nas roldas finais.[1]
Palmarés [editar]
| Tempada | Campión | Finalista | Resultado | Adestrador do equipo campión |
|---|---|---|---|---|
| 2006–07 | Partizan | Crvena Zvezda | 3–1 | |
| 2007–08 | Partizan | Hemofarm | 3–1 | |
| 2008–09 | Partizan | Crvena Zvezda | 3–2 | |
| 2009–10 | Partizan | Hemofarm | 3–0 | |
| 2010–11 | Partizan | Hemofarm | 3–0 |