Nemanja Nedović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nemanja Nedović
Nemanja Nedovic.jpg
Valencia Basket  – No. 8
Base / Escolta
Nacemento 16 de xuño de 1991 (23 anos)
Flag of SFR Yugoslavia.svg Nova Varoš, Serbia, Iugoslavia
Nacionalidade Eslovenia Eslovenia
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso 87 kg (192 lb)
Liga Flag of Spain.svg Liga ACB
Carreira dende 2008
Equipos

Flag of Serbia.svg KK Crvena zvezda (2008–2012)
Flag of Lithuania.svg Lietuvos Rytas (2012–2013)
Flag of the United States.svg Golden State Warriors (2013–2014)
Flag of the United States.svgSanta Cruz Warriors (2013–2014)
Flag of Spain.svg Valencia Basket (2014–presente)

Nemanja Nedović, nado o 16 de xuño de 1991 en Nova Varoš, é un xogador serbio de baloncesto profesional que xoga no Valencia Basket da Liga ACB.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Nedović comezou adestrando co Ascoli italiano cando tiña 11 anos, xa que o seu pai xogaba ó balonmán nun equipo desa cidade. Despois diso, adestrou dous anos en Nova Varoš, a súa cidade natal. No ano 2005, con tan só 15 anos, fichou polo Estrela Vermella de Belgrado, onde se convertiu en campión co seu equipo xuvenil.

Máis tarde foi ascendido ó primeiro equipo, onde debutou de forma profesional. Xogou no Estrela Vermella ata xuño de 2012, cando fichou polo BC Lietuvos Rytas lituano.[1] Alí debutou na Euroliga, onde fixo 9.8 puntos, 2.5 rebotes e 2.1 asistencias por partido.

NBA[editar | editar a fonte]

O 27 de xuño de 2013, Nedović foi elixido na 30ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Phoenix Suns, quenes o traspasaron ós Golden State Warriors. Asinou cos Warriors o 9 de xullo de 2013.[2] Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado varias veces ós Santa Cruz Warriors, afiliado de Golden State na NBA Development League.

Volta a Europa[editar | editar a fonte]

O 14 de novembro de 2014, Nedović asinou un contrato de dous anos co Valencia Basket da Liga ACB.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]