James Feldeine
| Baloncesto Fuenlabrada – No. 14 | |
| Escolta | |
| Nacemento | 26 de febreiro de 1987 (24 anos) |
|---|---|
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,92 m (6 ft 4 in) |
| Peso | 86 kg (190 lb) |
| Liga | ACB |
| Universidade | Quinnipiac |
| Carreira | dende 2010 |
| Equipos | |
James Earl Feldeine Padilla, nado o 26 de xuño de 1988 en Nova York, Estados Unidos, é un xogador profesional de baloncesto con pasaporte dominicano que xoga para o Baloncesto Fuenlabrada da Liga ACB. Procedente da Universidade de Quinnipiac, e cunha altura de 1,93 metros, xoga na posición de escolta.
Índice |
Traxectoria [editar]
Nado na cidade de Nova York, Feldeine comezou a xogar no instituto cos Cardinal Hayes, pasando posteriormente a participar na Liga Universitaria de baloncesto dos Estados Unidos cos Quinnipiac Bobcats. No seu derradeiro ano coma xogador da liga universitaria, fixo unhas medias de 16,5 puntos, 5,8 rebotes e 2,5 asistencias por partido, cunha porcentaxe en tiros de tres do 35% de acerto. Aínda que nacido en Nova York, é fillo dunha muller dominicana, polo que ten a nacionalidade dese país.[1]
En dous anos no Club Baloncesto Breogán cpnverteuse no cuarto máximo anotador da súa historia (só contando dende a fundación da Liga ACB). Posteriormente asinaria un contrato por tres anos co Baloncesto Fuenlabrada.