Ingrid Bergman
| Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos, etc, contidos neste artigo, deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
| Ingrid Bergman | |
|---|---|
Ingrid Bergman, 1944. |
|
| Nacemento | 29 de agosto de 1915 Estocolmo, Suecia |
| Falecemento | 29 de agosto de 1982 Londres, Inglaterra |
| Profesión | Actriz (1934 - 1982) |
| Cónxuxe(s) | Petter Aron Lindström (1937–1950) Roberto Rossellini (1950-1957) Lars Schmidt (1958-1975) |
| Fillo(s) | 4 |
| Páxina web oficial | |
| Ficha na IMDb | |
Ingrid Bergman, nada en Estocolmo o 29 de agosto de 1915 e finada en Londres o 29 de agosto de 1982, foi unha actriz sueca gañadora dos premios Óscar e Globo de Ouro. Considerada como un dos mitos da Sétima Arte, segundo a listaxe realizada polo American Film Institute é a cuarta estrela máis importante na historia do cinema, sendo as tres primeiras Katharine Hepburn, Bette Davis e Audrey Hepburn. É probablemente una das actrices máis prolíficas do século XX, desenvolvendo a súa carreira en cinco idiomas (sueco, alemán, inglés, italiano e francés), actuando en cinema, teatro e televisión en Suecia, Alemaña, Estados Unidos, Canadá, Italia, Inglaterra, Francia, España e Israel. Faleceu o día dos seus 67º aniversario, tras librar unha longa batalla contra o cancro de mama.
Índice |
Traxectoria [editar]
Quedou orfa de nai cando tiña dous anos e o seu pai morreu once anos despois. A súa infancia transcorreu na casa paterna, logo cunha das irmás do seu pai (falecida soamente seis meses máis tarde) e finalmente con outro tío paterno e a súa familia.
Inicios en Suecia [editar]
Decidiu facerse actriz para combater a súa extrema timidez ("son máis eu mesma cando son outra persoa"[1]) e deu os seus primeiros pasos no cinema como extra aos 16 anos, pero a súa verdadeira meta era o teatro. Ao dezaoito anos foi elixida entre centos de aspirantes para estudar na Real Escola de Teatro Dramático (onde tamén estudou Greta Garbo). Grazas ao seu pai, Justus, que tiña unha tenda de fotografía, ao morrer, deixoullo todo á súa filla asegurándose, de que ela tivese diñeiro para converterse en actriz.[1]
Cando Ingrid lle dixo ao seu tío Otto que quería ser actriz, este opúxose, pois naquela época ser actriz estaba mal visto. El pensaba que como se lle daban tan ben os estudos, non necesitaba ser actriz, pero como Ingrid insistía, o seu tío fíxoa prometer que se se presentaba e non era escollida, non o volvería a tentar. The Royal Dramatic Theater School requiría a cada actor que representase tres pezas, despois os xuíces seleccionarían dous delas, se o aspirante era rexeitado dábaselle un sobre marrón e se era aceptado, un sobre branco. Ingrid decidiu representar unha comedia. Mentres actuaba, os membros do xurado non parecían verlle a graza, nin sequera prestaban moita atención. De súpeto, tras a primeira lectura, dixéronlle que podía retirarse sen darlle a oportunidade da segunda. Máis de medio século despois Ingrid lembraba o seu desengano:
A súa primeira oportunidade para actuar deulla Greta Danielsson, unha antiga amiga do seu pai, que lle ofreceu un papel como extra. En 1933 conseguiu entrar en The Royal Dramatic Theater School de Estocolmo. A súa primeira película foi Munkbrogreven de Edvin Adolphson. En 1937 casa co dentista Petter Lindström, relación da que nace a súa filla Pia Lindström. Petter anímaa a facer unha película en Alemaña. Durante a rodaxe do pacto do catro, Ingrid coñece a Goebbels, quen tenta convencela para que faga películas para o Terceiro Reich, dado que era medio alemá e sabía o idioma. A súa sexta película Intermezzo tivo moito éxito e fixo que un importante produtor de Hollywood comprase os dereitos da película para que Ingrid fixésea en inglés.[1]
Debut en Estados Unidos [editar]
En 1939, e despois de protagonizar unha ducia de películas en Suecia, trasládase aos Estados Unidos para protagonizar a nova versión de Intermezzo producida por David O. Selznick.
Estrela grazas a Casablanca [editar]
En 1942 convértese nunha das estrelas da época ao protagonizar xunto a Humphrey Bogart a película de Michael Curtiz Casablanca. 1943 supón o ano no que recibe a súa primeira candidatura aos Óscar, neste caso polo seu brillante labor na película Por quen dobran as campás, aínda que perde o premio ante Jennifer Jones por "A canción de Bernadette". Con todo, Ingrid Bergman móstrase satisfeita e declara publicamente fronte a Jennifer Jones: "O teu Bernadette é mellor que a miña María...". No entanto, ao ano seguinte obtén o Óscar á mellor actriz, esta vez polo seu papel en Gaslight. En 1945 recibe a súa terceira candidatura consecutiva aos Óscar, esta vez pola película As campás de Santa María. A actriz recibiría a súa cuarta candidatura aos Óscar na categoría de mellor actriz en 1948, polo seu papel en Xoana de Arco.
Escándalo con Roberto Rossellini [editar]
En 1949 Ingrid ve a película que cambiaría a súa vida e a súa a carreira como actriz, Roma, cittá aperta de Roberto Rossellini. A película gustoulle tanto que decidiu escribir unha carta[2] a Rossellini expresándolle o seu desexo de traballar nalgunha das súas películas. Cando Rossellini recibe a carta vai a Estados Unidos para coñecer a Petter e a Ingrid.[1]
En 1949 trasládase a Italia con 300 dólares e pensando volver nuns meses (eses meses convertéronse en anos), para rodar ás ordes de Roberto Rossellini a película Stromboli. Durante a rodaxe comeza unha relación co director italiano. Froito desta relación, Bergman queda embarazada do seu fillo Roberto Ingmar Rossellini (que nacerá o 2 de febreiro de 1950), o que provoca un gran escándalo nos Estados Unidos.O escándalo chegou cando o vicepresidente e director de Códigos de Produción, Joseph Breen, pídelle que desminta os rumores de que estaba a piques de divorciarse e abandonar á súa filla para casar con Rossellini. Foi criticada pola Igrexa Luterana de Suecia e sacerdotes da Igrexa católica Romana, sobre todo en América, e tamén recibiu cartas de persoas que pensaban que debía ser queimada na fogueira, non como Xoana de Arco, senón como as bruxas.[1] O escándalo foi tal que mesmo provocou que a actriz fose declarada persona non grata en territorio americano, o que fixo que se exiliase en Italia, deixando ao seu marido e á súa filla nos Estados Unidos.
Despois de separarse de Lindström e tras o nacemento do seu fillo, a actriz e o director casan o 24 de maio de 1950. Co director italiano ten ademais outras dúas fillas en 1952, as xemelgas Isabella e Isotta. Finalmente, separarase de Rossellini en 1957. Durante a súa estancia en Italia traballou en seis películas dirixidas polo seu marido, Stromboli, Europa '51, Siamo Donne, Viaggio in Italia, Giovanna d'Arco ao Rogo e A Paura, no seu momento fracasos de público e crítica, aínda que máis tarde revaloradas, moi especialmente pola crítica europea e os creadores da Nouvelle Vague francesa.
Regreso ao cinema internacional [editar]
Os fracasos do seu traballo conxunto con Rossellini levaron ao matrimonio a unha crise tanto artística como financeira e así foi que en 1956, Rossellini permitiulle traballar baixo as ordes do mestre Jean Renoir en Elena et les hommes co que o éxito volveu sorrirlle. Ese mesmo ano protagoniza en Inglaterra a película Anastasia pola que gañaría o seu segundo Oscar á mellor actriz, sendo o seu amigo Cary Grant quen recolle o premio no seu nome.
O éxito o redobra co seu triunfo nas táboas en París, en Té e simpatía de Robert Anderson, durante a tempada 1956-57. En 1959 volve por primeira vez a Hollywood despois do escándalo do seu matrimonio para presentar o Óscar á mellor película na 31ª Edición da cerimonia de entrega dos Premios da Academia. A sala recíbea cunha pechada ovación. O 23 de decembro de 1958 casa co produtor teatral sueco Lars Schmidt.
A partir de entón comeza a alternar películas en Estados Unidos e en Europa, así como aparicións ocasionais en dramas televisivos e en obras de teatro. Dese período destacan os seus labores en The Turn of the Screw (1959), pola que recibe o seu primeiro premio Emmy; Hedda Gabler (1962, que a reúne cun brillante elenco xunto a Sir Michael Redgrave, Sir Ralph Richardson e Trevor Howard); A visita (1964); Stimulantia (episodio "O colar", filmado a fins de 1964 sobre un relato de Guy de Maupassant que a reuniu co seu antigo compañeiro da Escola de Arte Dramática, Gunnar Björnstrand, dirixidos ambos polo vello mentor de Ingrid, Gustaf Molander, na que fose o seu último labor para o cine); A voz humana (1966); Flor de cactus (1969, coa que regresou por primeira vez a filmar en Hollywood logo de vinte anos de exilio); Cuestión de tempo (1976, película tamén titulada Nina, xunto a Liza Minnelli, e dirixidas ambas por Vincente Minnelli, nunha película na que ademais tiña unha inesquecible escena xunto a Charles Boyer e na que actuaba a súa propia filla, Isabella Rossellini na súa debut nas pantallas e era maquillada pola súa xemela, Ingrid Isotta Rossellini); Sonata de outono (1978, dirixida por Ingmar Bergman, considerada por moitos o seu mellor traballo no cinema).
En 1974, Bergman recibe o seu terceiro Óscar, esta vez na categoría de mellor actriz de reparto, pola súa participación na película Asasinato no Orient Express. En 1975 diagnostícaselle un cancro de mama e nese mesmo ano divórciase de Lars Schmidt. A pesar da súa fráxil saúde segue traballando a tempo completo.[1]. Faleceu mentres celebraba o seu 67º aniversario.
Véxase tamén [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Ingrid Bergman I, su vida.
- ↑ Carta que envía a Rossellini.