Jennifer Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jennifer Jones
Jennifer Jones - Publicity.JPG
Nacemento Phylis Lee Isley
2 de marzo de 1919
Tulsa, Oklahoma
Falecemento 17 de decembro de 2009
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión actriz
Cónxuxe(s) Robert Walker (1939-1945)
David O. Selznick (1949-1965)
Norton Simon (1971-1993)
Fillo(s) Robert Walker, Jr.

Phylis Lee Isley, nada en Tulsa, Oklahoma o 2 de marzo de 1919 e finada en Malibu, California o 17 de decembro de 2009, foi unha actriz de cinema estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arte dramática en Nova York, onde coñecería ao seu primeiro marido, o seu compañeiro Robert Walker. Despois de volver a Tulsa a facer un programa de radio marcharon a Hollywood, onde conseguiu algúns papeis no cinema. Non obstante, tras non conseguir superar unha proba para a Paramount volveu a Nova York a actuar no teatro, e alí foi onde a descubriu David O. Selznick.

O director Henry King quedou tan impresionado coas súas probas que a contratou como protagonista do seu filme The Song of Bernadette. Con este o seu primeiro papel protagonista gañou o oscar á mellor actriz.

En 1949 casou con Selznick, matrimonio que duraría ata a morte del en 1965. Tras quedar viúva, Jones abandonou parcialmente a interpretación.

En 1976 a súa filla Mary Jennifer Selznick suicidouse, o que levou a Jones a interesarse polas enfermidades mentais, creando en 1980 unha fundación para educación e saúde mental.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1939 New Frontier
1939 Dick Tracy’s G-Men
1943 The Song of Bernadette
1944 Since You Went Away
1945 Love Letters
1946 Cluny Brown
1946 Duel in the Sun
1948 Portrait of Jennie
1949 We Were Strangers
1949 Madame Bovary
1950 Gone to Earth
1952 Carrie
1952 Ruby Gentry
1953 Beat the Devil
1953 Stazione Termini
1955 Love Is a Many-Splendored Thing
1955 Good Morning Miss Dove
1956 The Man in the Gray Flannel Suit
1957 The Barretts of Wimpole Street
1957 A Farewell to Arms
1962 Tender Is the Night
1966 The Idol
1969 Angel, Angel, Down We Go
1974 The Towering Inferno

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]