Hilde Holger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHilde Holger

(1925) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Hilde Boman-Behram Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Hilde Sofer Editar o valor em Wikidata
18 de outubro de 1905 Editar o valor em Wikidata
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte22 de setembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteTose Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGolders Green Crematorium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesHilde Holger Editar o valor em Wikidata
ResidenciaCamden Town Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAustria
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarina , profesora de música , coreógrafa , dance teacher (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Empregadorautoemprego Editar o valor em Wikidata
ProfesoresGertrud Bodenwieser (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosLindsay Kemp (pt) Traducir, Jane Asher (pt) Traducir, Vally Wieselthier (pt) Traducir, Marion Stein, Ivan Illich, Litz Pisk (pt) Traducir, Luke Jennings (en) Traducir e Kristina Rihanoff (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webhildeholger.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4535166 Editar o valor em Wikidata

Hilde Boman-Behram, nada como Hilde Sofer en Viena o 18 de outubro de 1905 e finada en Londres o 24 de setembro de 2001, foi unha bailarina expresionista, coreógrafa e profesora de danza coñecida como Hilde Holger. O seu traballo pioneiro en danza transformou a danza moderna.[1][2]

Familia[editar | editar a fonte]

A familia de Hilde era xudía liberal. Era filla de Alfred e Elise Sofer Schreiber.[3] O seu pai escribía poesía, mais faleceu en 1908. O seu avó fabricaba zapatos para a corte austríaca.

Despois de que a Alemaña nazi invadise Austria, Holger fuxiu de Viena en 1939, e como non se lle permitiu entrar en Inglaterra, foi para a India.[4] En Bombai coñeceu o Dr. Ardershir Kavasji Boman-Behram, con quen casou en 1940.[5] A nai da Hilde, o seu padrasto e outros catorce parentes morreron no holocausto.

Hilda Holger tivo dous fillos, sendo a primeira unha filla en 1946 nada na India, de nome Primavera Boman-Behram. O ano 1948 a familia de Holger emigrou para Inglaterra.[5] O seu segundo fillo foi un neno, Darius Boman-Behram, nado en 1949 con síndrome de Down; ese feito inspirou a Holger a traballar con persoas con discapacidades físicas.

Carreira[editar | editar a fonte]

Hilde Holger comezou a bailar con seis anos de idade. Como era demasiado nova para entrar na Academia Estatal de Música e Artes Dramáticas na Academia Estatal de Viena, comezou a estudar danza de salón xunto coa súa irmá (Hedi Sofer) ata que foi aceptada para estudar coa bailarina radical Gertrud Bodenweiser, que naquela época era profesora na Academia Estatal de Viena.[6] Eran admiradores do traballo de Isadora Duncan e de Ruth St. Denis. Holger axiña chegou a ser a bailarina principal e grande amiga de Bodenweiser, e viaxaba coa compañía dela por todas as partes de Europa occidental e oriental. Viaxaba tamén co seu propio grupo, o Grupo de Danza Hilde Holger. Cando tiña 18 anos fixo a súa primeira presentación en solitario na Secession Vienesa, e máis tarde no Hagenbund de Viena, París e Berlín. A súa danza expressionista, moi eloxiada, creou unha reacción fóra de serie. Por causa da súa paixón pola danza, o ano 1926 formou a Nova Escola da Arte de Movemento no Palacio Ratibor no centro de Viena. As presentacións de nenos foron bailados nos parques e na fronte de monumentos alí. O día 12 de marzo de 1938 a Alemaña nazi mandou soldados entraren na Austria e creou unha lei que unificaba Alemaña con Austria, a Anschluss. Naquela época tornouse ilegal para xudeus participar en calquera actividade de arte.

Holger recibiu axuda do seu amigo Carlos Petrach para fuxir do país. Decidiu ir para a India porque dixo que a arte da India era a máis imperiosa para a cultura occidental naquela época.

Na India tivo a oportunidade de empregar novas experiencias no seu traballo, especialmente os xestos da danza india. A danza India clásica ten máis do que trescentos xestos, usados para expresar a vida e a natureza. En 1941 Holger fundou unha nova escola de danza en Bombai, aceptando persoas de calquera raza, relixión e etnia, sen prexuízo. Do mesmo xeito que fixo cando estaba en Viena, Holger participou de novo na comunidade artística. Entre os seus amigos estaba o bailarín indio Ram Gopal, que tamén bailaba na escola de Holger. En 1948 mudouse de novo por causa da partición da India e a violencia que estaba crecendo entre musulmáns e hindús. Desta vez Hilde partiu para Londres.

Despois de chegar ao Reino Unido, o seu Grupo Moderno de Ballet presentábase nos parques, nas igrexas e nos teatros. Unha vez máis ela abriu unha nova escola de danza, a Escola da Hilde Holger de Danza Contemporánea, e ficou fiel ao estilo de sempre, que o corpo e a mente ten que formar unha soa unidade, para que o bailarín sexa o mellor. O progreso máis importante que consiguio en Londres, o ano 1951, foi a celebración da estrea de “Under the Sea”, que foi inspirado polas composicións de Camille Saint-Saëns.

En 1972 presentou unha danza chamada “Man against Flood” para honrar a Rewi Alley, membro do Partido Comunista da China. Esta danza incluíu participantes que formaron unha parede humana contra unha inundación de auga.[7]

A súa interpretación “Apsaras” (1983) explotou as súas experiencias na India. No verán de 1983 Holger volveu á India, onde traballou como coreógrafa para un grupo grande de danza dirixido por Sachin Shankar.

Holger tiña orgullo especial do seu traballo con persoas con discapacidade. Creou unha forma de terapia de danza para nenos con síndrome de Down. Holger foi a primeira persoa que integrou bailaríns profesionais con mozos e adultos que tiña discapacidades graves. Realizou o seu soño en 1968 en Sadler's Wells cando creou “Towards the Light” con música por Edward Grieg. Foi traballo pioneiro e unha das primeiras presentacións de danza integrada que se realizou nun escenario profesional.[8]

Legado[editar | editar a fonte]

Hilde Holger deixou unha marca moi forte en tres xeracións de bailaríns, e en quen traballaba con coreografía. Cando estaba ensinando, as súas expectativas eran altas e non tiña medo de correr riscos. Aceptaba as persoas sen prexuízo, tamén aquelas discapacitadas. Só esperaba sinceridade por parte de todos.

Un dos seus alumnos, Wolfgang Stange, continuou o traballo que comezou con persoas discapacitadas, como aquelas con síndrome de Down ou autismo, do mesmo xeito que aceptaba calquera persoa discapacitada fisicamente. A compañía de Stange, Compañía de Teatro de Danza en Gran Bretaña creou “Hilde” que foi presentada no Teatro Riverside de Londres o ano 1996, e tamén no Odeón en Viena en 1998. Esta presentación de “Hilde” en Viena emocionou o Mestre de Ballet da Casa Estatal de Ópera e Ballet de Viena de tal xeito, que presentou unha interpretación no escenario da casa de ópera, feita por persoas con problemas de aprendizaxe que foi recibida con moitos aplausos.

As últimas semanas da súa vida Holger continuou a impartir clases de danza no seu estudo de Camden Town, onde moraba dende había máis de cincuenta anos. Entre os seus alumnos estiveron Liz Aggiss, Jane Asher, primavera Boman, Carol Brown, Carl Campbell, Sophie Constanti, Jeff Henry, Ivan Illich, Luke Jennings, Thomas Kampe, Claudia Kappenberg, Cecilia Keen Abdeen, Lindsay Kemp, Juliet Miangay-Cooper, Royston Maldoom OBE, Anna Niman, David Niman, Litz Pisk, Kristina Rihanoff, Kelvin Rotardier, Feroza Seervai, Rebecca Skelton, Marion Stein, Sheila Styles, Jacqueline Waltz e Vally Wieselthier.[9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hilde Holger" (en inglés). 2007. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2006. Consultado o 2012-12-18. 
  2. "Hilde Holger" (en inglés). 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2016. Consultado o 2016-02-12. 
  3. Marina Sassenberg. "Hilde Holger" (en inglés). Consultado o 2012-12-18. 
  4. Julia Pascal (2000-03-08). "Adi Boman" (en inglés). Consultado o 2012-12-18. 
  5. 5,0 5,1 "Ardeshir Kavasji Boman Behram 1909–2000" (en inglés). 2008-12-22. Consultado o 2012-12-18. 
  6. Vernon-Warren, B. and Warren, C. (Eds) (1999) Contribuição de Gertrud Bodenwieser e Viena para Ausdruckstanz. Routledge. ISBN 90-5755-035-0, pg. 22
  7. Lei, W. (1972-10-28) Homem contra Dilúvio (en chinés). The Hong Kong New Evening Post.
  8. Julia Pascal (2001-09-26). "Hilde Holger" (en inglés). Consultado o 2012-12-27. 
  9. "Lindsay Kemp obituary". 2018. Consultado o 9 de setembro de 2018. 
  10. "British choreographer and mime Lindsay Kemp dies". 2018. Consultado o 9 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]