Ivan Illich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIvan Illich
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 2002 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Bremen, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de cerebro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquista Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Florencia
Pontificia Universidade Gregoriana
Universidade de Salzburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEcologia política (pt) Traducir e industrial society (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Cuernavaca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , crítico literario , antropólogo , filósofo , historiador , pedagogo , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPontifical Catholic University of Puerto Rico (en) Traducir (1956–1960)
Escolápios (pt) Traducir
Pennsylvania State University Editar o valor em Wikidata
MovementoDecrecemento e Ecoloxismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá, lingua francesa, lingua italiana, lingua castelá, lingua croata, lingua inglesa, Grego antigo, lingua latina, lingua portuguesa e lingua hindi Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webivanillich.org.mx Editar o valor em Wikidata
iTunes: 455259284 Editar o valor em Wikidata

Ivan Illich, nado en Viena o 4 de setembro de 1926 e finado en Bremen (Alemaña) o 2 de decembro de 2002, foi un pensador austríaco da ecoloxía política e unha figura importante da crítica da sociedade industrial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai, Piero, procedía dunha familia posuidora de terras (viñas e oliveiras) en Dalmacia (Croacia), preto da cidade de Split. Súa mai, Ellen, descendía dunha familia xudeu-alemá convertida. Fritz Regenstrief, seu avó materno, fixera fortuna coa venda de madeira en Bosnia-Hercegovina e construíu unha quinta, de estilo art nouveau, nos arredores de Viena.

Durante a década de 1930, a xenofobia e o antisemitismo medraron na Iugoslavia. O goberno perseguiu a Fritz Regenstrief perante a Corte permanente internacional de xustiza da Haia. En 1932, Ellen abandonou Split e pasou a se refuxiar na quinta de seu pai en Viena, xunto cos seus tres fillos. Non volveron ver a Piero máis, que morreu no transcurso da segunda guerra mundial. En 1942, Ellen deixou Austria a causa das leis antisemitas, mentres os nazis se apoderaron da quinta familiar.

Ivan Illich seguiu a súa educación en Florencia, onde xogou un modesto rol na resistencia italiana. Logo da guerra estudou teoloxía e filosofía na Universidade Gregoriana de Roma. O Vaticano destinouno á diplomacia, mais Illich escolleu a vida pastoral. Dixo a súa primeira misa nas catacumbas, nas que aínda os cristiáns romanos se refuxiaban das persecucións.

Procedente dunha familia aristocrática con antigas ligazóns coa Igrexa católica, estaba destinado a tornarse un príncipe desa Igrexa. Giovanni Montini, que posteriormente se tornou o papa Paulo VI, estivo entre os que lle recomendaron que quedase en Roma.

Mais en 1951, marchou para os Estados Unidos coa idea de estudar os traballos de alquimia de Alberte o Magno en Princeton. Intrigado polos portorriqueños e a súa fonda fe católica, solicitoulle ao cardeal Francis Spellman un posto nalgunha freguesía portorriqueña de Nova York. Converteuse axiña, entre 1956 e 1960, en vicerreitor da Universidade católica de Porto Rico, onde contribuíu a crear un centro de formación destinado a educar os sacerdotes na cultura latinoamericana.

Sorprendéronlle dúas cousas na universidade: dunha banda a sorprendente semellanza entre a Igrexa e institución escolar; por outra banda, a estraña diferenza entre os obxectivos declarados da educación e os seus resultados. Esta última institución pretendía reducir as desigualdades sociais, mais contribuía a acentualas, ao concentrar os privilexiados nas mans daqueles que posuían medios suficientes para responder ao reto. Esta reflexión desembocará en 1971 no libro Deschooling Society ("A sociedade desescolarizada").

Abandonou Porto Rico en 1960, logo de diferenzas coa xerarquía eclesiástica, especialmente con dous bispos que se inmiscían na vida política opóndose a calquera candidato que desexase legalizar os preservativos. Para Illich entre a bomba atómica e os preservativos, a Igrexa erra de branco.

En 1961, fundou o Centro para a formación intercultural en Cuernavaca (México) que se converterá no recoñecido CIDOC (Center for Intercultural Documentation), que funcionou entre 1966 e 1976. Logo da súa clausura, Illich volveu vivir en Europa, dando clases de historia da Alta Idade Media en Bremen.

Faleceu no ano 2002 por mor dun tumor, que decidira voluntariamente asumir até o final, e ao que resistiu 20 anos.

Teorías[editar | editar a fonte]

Monopolio radical[editar | editar a fonte]

Inventor do concepto de monopolio radical (cando un medio técnico é ou parece demasiado eficaz, crea un monopolio e impide o acceso de medios máis lentos, como, p.ex., as autoestradas confrontadas coa marcha a pé): "Cando unha industria se abroga o dereito de satisfacer, soa, unha necesidade elemental, até ir máis aló dun obxecto de resposta individual, produce un tal monopolio. O consumo obrigatorio dun ben que consome moita enerxía (o transporte motorizado) restrinxe as condicións de goce dun valor de uso sobreabundante (a capacidade innata de tránsito)" (Enerxía e equidade, 1975).

Contraprodutividade[editar | editar a fonte]

A principal noción illichiana é o concepto de contraprodutividade, que describe un fenómeno embarazoso: cando acadan un estadio crítico (e están en situación de monopolio), as grandes institucións das nosas modernas sociedades industriais, eríxense ás veces sen decatarse en obstáculos para o seu propio funcionamento: a medicina dana a saúde (eliminando a enfermidade ás veces en prexuízo da saúde do paciente), os transportes e a velocidade fan perder o tempo, a escola embrutece, as comunicacións tórnanse tan densas e invasoras que ninguén escoita ou non pode facerse escoitar etc.

Pensador da ecoloxía política, loitou contra o sistema automobilístico e contra todos os medios de transporte demasiado rápidos que xulgaba alienantes e ilusorios. Por exemplo, calculou que tendo conta dos tempos medios pasados en traballar para adquirir un automóbil e facer fronte aos gastos que aparella, e non só o tempo pasado en conducir, a velocidade do tal bólido era de 6 km/h. En efecto, un norteamericano consagraba en media, durante os anos 1970, 1.600 horas por ano para o seu vehículo e non percorría máis de 10.000 km durante o ano [1]. Illich estaba tamén en contra dos nosos sistemas de saúde e de escola obrigatoria, que consideraba como útiles non-convivenciais.

A convivencialidade[editar | editar a fonte]

Traballou en crear vías cara a outras posibilidades, que se explican, segundo el, por un retorno aos útiles non-convivenciais, que opuña ás máquinas. O útil acepta varios usos, ás veces afastados do seu sentido orixinal, e que son a expresión libre do que os utiliza. Cunha máquina o ser humano vólvese servidor, o seu papel limítase, en adiante, a facer funcionar unha máquina construída cunha finalidade precisa.

Pode haber unha proximidade entre a idea da convivencialidade de Illich coa relación autonomía e heteronomía ligada aos valores de uso e de cambio marxistas e á idea de unión-co-mundo de Erich Fromm.

Pode considerárselle, xunto co seu amigo Jacques Ellul, como un dos principais inspiradores dos conceptos de «post-desenvolvemento» (difundido por autores que traballaran con Illich, tales Majid Rahnema ou Gustavo Esteva), de «simplicidade voluntaria» e máis recentemente de «crecemento sustentábel».

Orixe do mundo moderno[editar | editar a fonte]

No libro River north of the future : the testament of Ivan Illich as told to David Caryley, Illich relata unha visión particular da historia. Para el, as institucións actuais que se postulan universais e estabelecen un monopolio radical son herdeiras do catolicismo.

A propósito da escola: «Cada pobo ten as súas danzas da choiva e os seus ritos de iniciación, mais nunca un rito que reclame a súa validez universal, un procedemento que se presente a si mesmo como destino inevitábel para todo o mundo e en todos os países». A escola tornouse, consonte Illich, nunha relixión universal, e en tanto que tal, testemuña a súa herdanza da primeira institución que declarou os seus servizos e os seus ministerios como a única vía para a saúde: a Igrexa católica romana.

Para Illich, segundo o adaxio corruptio optimi quae est pessima («a corrupción do mellor convértese no peor»), o mundo moderno non é nin o cumprimento do cristianismo, nin a súa negación, senón ante todo a súa perversión. As novas liberdades que Xesús nos trouxo fixeron posibles os novos excesos. Ao liberaren o ser humano de antigas tradicións e de costumes étnicos (liberdade manifestada, segundo Illich, na parábola do samaritano, que transgride as convencións para axudar e escoller o seu próximo), o home perde igualmente a devasa que aqueles podían representar.

Obras[editar | editar a fonte]

En inglés:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Antivoitures.free.fr: Vers l’automobile immobile". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 01 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • David Cayley, Entretiens avec Ivan Illich, Bellarmin, Saint-Laurent, Québec, 1996.
  • Gabbard, D. A., Silencing Ivan Illich : A Foucauldian Analysis of Intellectual Exclusion. Nova York: Austin & Winfield, 1993 ISBN 1880921170

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]