Isadora Duncan
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sergei Yesenin e Isadora Duncan, 1923
Dora Angela Duncanon, coñecida como Isadora Duncan, nada en San Francisco en 1878 e finada en Niza en 1927, foi unha artista e bailarina norteamericana.
Traxectoria [editar]
Filla dunha profesora de música, aos dez anos xa daba clases particulares de danza, posteriormente realizou xiras por Estados Unidos ata que a familia se estableceu en Nova York. En 1899 a familia trasládase a Europa, primeiro residen en Londres e dende 1900 en París, onde obtén grande éxito.
Considerada a nai da danza moderna, morreu no apoxeo da súa carreira como danzarina, afogada co fular collido pola roda dun coche e estirado ata afogala.