Groselleira branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Groselleiro branco
Ribes grossularia L..jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Saxifragales
Familia: Grossulariaceae
Xénero: 'Ribes'
Subxénero: Grossularia
Especie: ''R. uva-crispa''
Nome binomial
'''Ribes uva-crispa'''
L.

A groselleira branca ou groselleira espiñenta (Ribes uva-crispa), é un arbustiño orixinario de Europa, o noroeste de África e o sudoeste de Asia Menor; pertence ao subxénero Grossularia, ás veces tratado coma un xénero diferente dentro de Ribes, comprendendo as diferentes especies hirsutas de groselleiras. A groselleira espiñenta americana, Ribes hirtellum, está estreitamente emparentado, e é doada a confusión a simple vista; ambos os dous posúen talos espiñentos e presentan as flores terminais illadas, en parellas ou tríos, non en acios. O froito é a uva espiña[1] O froito é semellante a unha bago branco miúdo e comestíbel. En Galiza úsase principalmente en xardinaxe, sendo rara brava.

Descrición[editar | editar a fonte]

Grosellas brancas.

Arbusto de entre 1 a 3 m de altura, densamente ramificado e cuberto de espiñas; as follas son trilobuladas ou pentalobuladas, profundamente crenadas, coas nervaduras ben marcadas. As flores son acampanadas, axilares, xurden solitarias ou en parellas, pedunculadas. O froito é unha falsa baga comestíbel de aparencia pilosa, semellante a unha uva branca e normalmente de cor verde, aínda que en ocasións se dan variantes arroibadas e púrpura escura, dáselle o nome galego de uva espiña (ou uva espín).

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

A groselleira espiñenta é nativa de Europa e mais do sudoeste asiático. Medra de xeito espontáneo en zonas alpinas, penedentas e vizosas das rexións máis meridionais, dende o leste de Francia até o Himalaia ou a India peninsular. Na Gran Bretaña adóitase atopan en fraguiñas ou formando sebes, mais é unha planta cultivada dende hai tanto tempo que non é doado distinguir os exemplares bravos dos cultivados, ou se se pode considerar como flora nativa da illa. É común tamén nas abas baixas dos Alpes piemonteses e Saboia e, non se sabe con certeza se xa os romanos a coñecían, aínda que se cre posíbel que Plinio o Vello fixera unha pequena alusión a ela nunha pasaxe da súa obra Naturalis Historia. En Galiza o seu cultivo é recente, aparecendo en xardíns particulares coma ornamental.

Cultivo[editar | editar a fonte]

O xeito máis sinxelo de propagar as variedades é por espeques espichados polo outono; estes prenden axiña e nuns cantos anos forman uns bos arbustos froiteiros. Existe bastante discrepancia no xeito de os podar; é probábel cada situación requira diversos tratamentos.Os froitos nacen nos espolóns laterais e nos gomos do ano anterior, polo que se soen acurtar as pólas laterais no inverno, antes de que as xemas comecen a grelaren; hai quen reduce os gomos principais máis longos ao mesmo tempo, mentres outros prefiren tiralos polo verán, cando aínda son tenros.

Usos[editar | editar a fonte]

As grosellas son ben coñecidas na elaboración de sobremrsas, como tortas, batidos e crumbles. Poden conservarse secas, en xarope azucrado ou coma marmelada. Tamén se utilizan para aromatizar bebidas e licores o elaborar viño de froita.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Ribes uva-crispa foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 201. 1753.[2]

Sinonimia
  • Grossularia glandulososetosa Opiz
  • Grossularia hirsuta Mill.
  • Grossularia intermedia Opiz
  • Grossularia pubescens Opiz
  • Grossularia reclinata (L.) Mill.
  • Grossularia spinosa (Lam.) Rupr.
  • Grossularia uva Scop.
  • Grossularia uva-crispa (L.) Mill.
  • Grossularia uva-crispa subsp. lasiocarpa (Gaudin ex Monnier) Dostál
  • Grossularia uva-crispa subsp. reclinata (L.) Dostál
  • Grossularia vulgaris Spach
  • Oxyacanthus sativus Chevall.
  • Oxyacanthus uva-crispa (L.) Chevall.
  • Ribes aculeatum Salisb.
  • Ribes caucasicum Adams ex Schult.
  • Ribes crispum Dulac
  • Ribes dubium Jacques
  • Ribes grossularia L.
  • Ribes grossularia var. vulgare Jancz.
  • Ribes grossularium St.-Lag.
  • Ribes hybridum Besser
  • Ribes reclinatum L.
  • Ribes spinosum Lam.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome dado por E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992) en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  2. "Groselleira branca". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/29100540. Consultado o 14 de decembro de 2012.
  3. Groselleira branca en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Modelo:1911
  • Flora of North America Editorial Committee. 2009. Magnoliophyta: Paeoniaceae to Ericaceae. 8: i–xxiv, 1–585. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, New York.
  • Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Groselleira branca