Sorbeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sorbeira
Sorbus domestica Ypey14.jpg
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Maloideae
Xénero: Sorbus
Especie: 'S. doméstica'
Nome binomial
''Sorbus domestica''
L.
Sinonimia

A sorbeira (Sorbus domestica), é unha árbore froiteira da familia das rosáceas, nativa do oeste de Europa, noroeste de África (Montes Atlas) e o suroeste de Asia (no leste até o Cáucaso). Posúe follas compostas caedizas e un froito comestíbel denominado sorba.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo galego sorbeira (en portugués: sorveira), ao igual que nas linguas achegadas: catalán: servera, castelán: serbal, inglés: service ou sorb; derivaría do latín: sŏrba. Pertence, ao igual que o capudre, ao xénero Sorbus.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Medra en altitudes medias e altas polo que en Galicia atopámolo nas montañas. O solo preferibelmente calcario cunha orientación asollada ou en semisombra. Necesita de humidade moderada. A temperatura óptima de crecemento está arredor dos 6 e 10ºC.

Descrición botánica[editar | editar a fonte]

Arboriña rexa e resistente que pode acadar os 20 metros de altura, aínda que soe chegar só até os 12. A copa é follosa, cunha ramificación regular e forma alongada, arredondada. O toro é de casca fendida e de cor cinsenta, mentres que as pólas novas son verdosas ou alaranxadas e con lanuxe (tomentosas).

As follas son alternas, caedizas, imparipinnadas, con 11-21 folíolos oblongo-lanceolados, aveludados pola face superior e un chisco amarelentos polo anverso. As flores so nde cor branca ou do leite, con cinco pétalos, reunidas en corimbo duns 1,5 centímetros de diámetro. O froito, a sorba, é un pomo carnoso, piriforme (semellante ao pero bravo) arredondado duns 2,5 centímetros; de novos son verdes mais acadan unha cor encarnada castaña ao chegaren. Rosea na primavera e os froito apáñanse a finais do verán.

A madeira é de cor avermellada, densa e dura. É resistente, en comparación con outras froiteiras a pestes e doenzas. Os froitos apañados cómpre sobremaduralos en palla para seren comestíbeis. Empréganse par afacer marmeladas e algunhas bebidas alcohólicas fermentadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sorbeira
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sorbeira

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]