Gran Premio de Luxemburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Gran Premio de Luxemburgo (Großer Preis von Luxemburgo) foi o nome dado a dúas carreiras do Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA, que tivo lugar en 1997 e 1998. As normas da Fórmula Un, estipulan que ningún país pode celebrar máis dunha carreira. Con todo, a FIA atopou a maneira de saltar esta norma, mediante a execución de Grandes Premios con outro nome, por exemplo aínda que o circuíto de Imola non está en San Mariño, as carreiras disputadas nel levaronse a cabo baixo o título de Gran Premio de San Mariño xa que o circuíto está moi preto.

En 1997, houbo dous grandes premios en España e dous en Alemaña. Barcelona foi sede do Gran Premio español, mentres que Xerez foi sede do Gran Premio de Europa, e en Alemaña , Hockenheim foi sede do Gran Premio de Alemaña e unha segunda carreira estaba prevista para o circuíto de Nurburgring. A FIA decidiu o nome da carreira, Gran Premio de Luxemburgo xa que o circuíto atópase a uns oitenta quilómetros da fronteira de Alemaña con Luxemburgo, eludindo así a prohibición de dúas carreiras co mesmo nome. A carreira de 1998 tamén foi coñecida como o Gran Premio de Luxemburgo a pesar de non celebrarse o Gran Premio de Europa, os dereitos do Gran Premio de Europa foran revogados polos organizadores da carreira logo dun incidente no podio en 1997, e negáronse a permitir que Nurburgring utilizara o nome. A partir de 1999 o circuíto de Nurburgring realizou a súa carreira baixo o título de Gran Premio de Europa.

Historia[editar | editar a fonte]

1997[editar | editar a fonte]

Resultados: Gran Premio de Luxemburgo de 1997

En 1997 o Gran Premio de Luxemburgo proporcionou un momento historico, os coches con motor Renault conseguiron os primeiros catro lugares na meta con Jacques Villeneuve de ( Williams - Renault), no primeiro lugar. A carreira foi tamén a última vitoria na F1 de Villeneuve.

Durante moito tempo da carreira parecía que Mika Häkkinen obtería a súa primeira vitoria na F1 cando co seu McLaren tomou a dianteira co seu compañeiro de equipo, David Coulthard. Con todo, no espazo dunha volta os dous McLaren retiraronse da carreira o que permitiu a Villeneuve acercarse ó Campionato do Mundo. A carreira de Michael Schumacher terminou ó final da primeira volta logo de que o seu irmán Ralf Schumacher chocara co seu compañeiro de equipo na primeira curva causando danos na suspensión e a retirada, do Ferrari.

1998[editar | editar a fonte]

Resultados: Gran Premio de Luxemburgo de 1998

En 1998, Mika Häkkinen vingouse polo fallo do seu motor na carreira anterior acadando a vitoria nesta, con Michael Schumacher segundo a pesar de cualificar na pole, e o seu compañeiro Coulthard terceiro. Häkkinen gañou o Campionato do Mundo na última carreira en Suzuka, curiosamente, isto significa que todos os gañadores do Gran Premio de Luxemburgo gañaron o campionato mundial dese ano.

Gañadores do Gran Premio de Luxemburgo[editar | editar a fonte]

As carreiras que non formaban parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un indícanse cun fondo de cor rosa.

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
1998 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Nürburgring Resultados
1997 Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve Williams-Renault Nürburgring Resultados
1996
-
1953
Non celebrado
1952 Flag of the United Kingdom.svg Les Leston [1] Cooper Findel Resultados
1951 Flag of the United Kingdom.svg Alan Brown Cooper-Norton Findel Resultados
1950 Italia Alberto Ascari [2] Ferrari Findel Resultados
1949 Italia Luigi Villoresi [3] Ferrari Findel Resultados

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "500cc Formula 3 Results (All Others)". 500 Owners Association. http://www.500race.org/Period%20Results/Other%20Results.htm#1952. Consultado o 2008-03-13. 
  2. "Non Championship Races 1950". World Sports Racing Prototypes. http://wsrp.ic.cz/nonchamp1950.html#11. Consultado o 2008-03-17. 
  3. "Villoresi, Luigi". Autocourse Grand Prix Archive. Arquivado do orixinal o 2007-12-21. http://web.archive.org/web/20071221151651/http://www.autocoursegpa.com/driver~driver_id~12116.htm. Consultado o 2008-03-17.