Gastón Gaudio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGastón Gaudio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBuenos Aires Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Peso70 kg Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista (1996–) Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata - 2011 Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado6.066.156 $ Editar o valor em Wikidata
Deportetenis Editar o valor em Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor em Wikidata
AdestradorFranco Davín (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Récord persoal
Tenis individual 270–196 Editar o valor em Wikidata 
Tenis dobres 26–39 Editar o valor em Wikidata
ATP Info ATP Editar o valor em Wikidata
Participou en
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor em Wikidata

Páxina webgaston-gaudio.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3293091 Editar o valor em Wikidata


Gastón Norberto Gaudio, nado en Adrogué, Arxentina o 9 de decembro de 1978, é un ex tenista profesional arxentino de orixe galega.

Converteuse en profesional da man do capitán de capitáns Juan Andrushow no club ECA en 1996. Ao gañar o torneo de Roland Garros en 2004, ante o seu compatriota Guillermo Coria, transformouse no terceiro tenista arxentino en obter un Grand Slam individual, despois de Guillermo Vilas e Gabriela Sabatini. Ademais gañou outros 7 torneos ATP, dous deles ATP 500, todos en terra batida, superficie na cal era un especialista. A súa mellor posición na clasificación foi o número 5, en abril de 2005. Retirouse oficialmente en agosto de 2011 aínda que a súa actividade foi moi escasa no tour ATP desde mediados de 2007 en diante.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gastón Gaudio naceu o 9 de decembro de 1978 na localidade de Adrogué na contorna da cidade de Buenos Aires. Súa nai, Marisa Canosa Insua, naceu en Fisterra e marchou para a Arxentina aos 7 anos. Alí casou con Norberto Gaudio, descendente de italianos, co que tivo tres fillos: Diego, Julieta e Gastón.[1] Este último comezou a xogar ao tenis á idade de 4 anos.

Aos oito anos de idade federouse, e empezou a participar en torneos entre clubs, Metropolitanos e Nacionais, onde soamente participaban os dous mellores de cada provincia. Gastón sempre estivo nos primeiros postos da clasificación nacional. Á súa vez, combinaba a práctica de tenis xunto co fútbol. Aos 14 anos, participou no Mundial de Menores no Xapón, con Mariano Puerta como compañeiro de equipo. Un ano máis tarde, á idade de 15 tivo que tomar unha difícil decisión, ou tenis ou seguir estudando, xa que levar adiante as dúas cousas con éxito era imposible. Tras longas e reiteradas charlas cos seus pais, decidiron darlle a oportunidade de seguir coa súa carreira tenística.

Así é que con 16 anos recentemente cumpridos, comezou a tomar o tenis como un traballo. Despois de converterse no xogador júnior Nº2 da Arxentina fíxose profesional no ano 1996.

En 1998 conseguiu o seu primeiro título no Future Nº2 de España e gañou os seus dous primeiros challengers en Santa Cruz de la Sierra e Santiago de Chile. En 1999 obtivo consecutivamente os challengers de Niza e Espinho e xogou un bo partido ante o español Àlex Corretja en Roland Garros. Ao longo do ano 2000 comezou a destacarse no circuíto do ATP. Alcanzou a súa primeira final en Stuttgart e chegou ás semifinais do Masters de Montecarlo. Ademais conseguiu o challenger de Braunschweig en Alemaña. Durante 2001 axudou a Arxentina no seu ascenso ao Grupo mundial da Copa Davis cunha marca de 5-0. No circuíto os seus mellores resultados foron a final de Viña del Mar e os cuartos de final do Masters de Miami en superficie dura.

En 2002 gañou os seus dous primeiros títulos ATP en Barcelona, o famoso Conde de Godó onde venceu ao número 1 do mundo Lleyton Hewitt e en Mallorca. En Copa Davis liderou ao equipo arxentino até as semifinais cunha marca de 4-1, perdendo un polémico encontro ante Yevgeny Kafelnikov en Moscova. En 2003 alcanzou por primeira vez o Top 20 da clasificación mundial, xogando 4 semifinais e 3 cuartos de final. Superou ao número 2 do mundo Juan Carlos Ferrero en Cincinnati.

En setembro dese ano viviu un dos momentos máis difíciles da súa carreira cando perdeu categoricamente ante Juan Carlos Ferrero e Carlos Moyá na Copa Davis, sendo acusado moi duramente pola prensa pola súa presunta falta de actitude. O mesmo presidente da Asociación Arxentina de Tenis, Enrique Morea, declarou: "Así non se pode xogar ao tenis".

No Roland Garros de 2004, a pesar de que o favorito era Guillermo Coria, converteuse no terceiro arxentino na historia en gañar un torneo de Grand Slam en individuais, sumándose a Guillermo Vilas e Gabriela Sabatini. Despois da fazaña, alcanzou tres finais consecutivas en Båstad, Stuttgart e Kitzbühel, que lle permitiron terminar o ano no posto número 10 da clasificación mundial participando da Tennis Masters Cup pero perdendo o seu tres partidos. En 2005 clasificouse por segunda vez consecutiva á Tennis Masters Cup, finalizou novamente no posto número 10 da clasificación mundial, e chegou a ocupar a quinta posición a mediados de ano. Durante ese período obtivo 5 títulos: Viña del Mar, Buenos Aires, Estoril, Gstaad e Kitzbühel. Ademais chegou á final de Stuttgart, aos cuartos de final dos Masters Series de Montecarlo, Montreal e París, e ás semifinais da Tennis Masters Cup. Na súa defensa do título en Roland Garros chegou até os oitavos de final.

En 2006, mantívose até metade de tempada dentro dos dez primeiros da clasificación mundial e os seus mellores resultados foron semifinais en Acapulco e no Masters Series de Montecarlo. Na segunda metade do ano estivo lonxe do seu mellor rendemento. Durante todo o 2007 falouse sobre un posible retiro debido aos constantes malos resultados e a falta de confianza. O seu mellor resultado foi unha semifinal no challenger de Todi, en Italia. Finalizou a tempada no posto 182 da clasificación mundial.

En 2008 presentouse nun challenger en Miami e no ATP de Viña del Mar, quedando eliminado en senllas primeiras roldas. O 22 de setembro deixou de aparecer na clasificación mundial. Volveu á competición cunha derrota no Masters da Copa Petrobras, en Santiago de Chile. Xogou a Copa Peugeot Arxentina onde lle gañou a José Acasuso, en cuartos de final, en dous sets. En semifinais gañoulle a Feliciano López. Perdeu a final con Juan Mónaco nun axustado 7-6, 7-6.

O 21 de xaneiro de 2009 logo de 16 meses sen vitorias, pola primeira roda do Challenger de Iquique (po de ladrillo), Gastón derrotou ao italiano Alessio Dei Mauro, por 6-0, 5-7 e 6-2.

O campión de Roland Garros 2004, no seu momento atrasado no posto 762° da clasificación mundial, coa súa vitoria no Challenger de Tunes logrou escalar ao posto 400°. Participou na primeira rolda do ATP de Estoril caendo 6-3 e 6-4 ante o italiano Fabio Fognini. Gaudio chegou aos cuartos de final do Challenger de Bordeus logo de deixar no camiño a xogadores como Fabrice Santoro pero caeu ante o local Laurent Recouderc por 2-6, 6-4 e 6-4. Tamén chegou aos cuartos de final do Challenger de Iquique e a Oitavos de Final no Challenger de Santiago.

A principios de maio recibiu unha invitación para participar en Roland Garros o 24 de maio de 2009 onde foi vencido polo Radek Stepanek, número 19 do mundo por 6-3, 6-4 e 6-1.

En setembro de 2009 volveu ás pistas e estivo presente na Copa Petrobras que se disputou no Club Vilas de Buenos Aires con moi boas actuacións chegando á final do torneo, o que lle permitiu escalar 68 lugares e acceder ao posto 228º o 5 de outubro de 2009.[2] No seguinte torneo da Copa Petrobras (en Montevideo), alcanzou a semifinal, fase na que perdeu co uruguaio Pablo Cuevas. Isto elevouno ao posto 201º.[2]

En 2010, gañou o Challenger de San Remo, vencendo ao arxentino Martin Vassallo Argüello. Ese mesmo ano obtivo o Premio Konex - Diploma ao Mérito como un dos 5 mellores tenistas da década na Arxentina.

Anunciou oficialmente o seu retiro do tenis profesional o 30 de agosto de 2011, aínda que non xogaba desde o 2 de agosto do 2010 no ATP de Kitzbuhel ante o español Pablo Andújar.[3]

Terminou a súa carreira o 18 de decembro de 2011 nun partido de exhibición fronte ao seu amigo e compatriota Mariano Zabaleta, logo de derrotalo 7-6 nun único set.[4]

Torneos de Grand Slam[editar | editar a fonte]

Campión Individuais (1)[editar | editar a fonte]

Ano Campionato Superficie Opoñente na final Resultado en final
2004 Roland Garros Terra batida Guillermo Coria 0-6 3-6 6-4 6-1 8-6

Torneos ATP (11; 8+3)[editar | editar a fonte]

Individuais (8)[editar | editar a fonte]

Títulos[editar | editar a fonte]

N.º Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 22 de abril de 2002 España Barcelona Terra batida España Albert Costa 6-4 6-0 6-2
2. 29 de abril de 2002 España Mallorca Terra batida Finlandia Jarkko Nieminen 6-2 6-3
3. 6 de xuño de 2004 Francia Roland Garros Terra batida Guillermo Coria 0-6 3-6 6-4 6-1 8-6
4. 31 de xaneiro de 2005 Chile Viña del Mar Terra batida Chile Fernando González 6-3 6-4
5. 7 de febreiro de 2005 Buenos Aires Terra batida Mariano Puerta 6-4 6-4
6. 1 de maio de 2005 Portugal Estoril Terra batida España Tommy Robredo 6-1 2-6 6-1
7. 4 de xullo de 2005 Suíza Gstaad Terra batida Suíza Stanislas Wawrinka 6-4 6-4
8. 25 de xullo de 2005 Austria Kitzbühel Terra batida España Fernando Verdasco 2-6 6-2 6-4 6-4

Finalista (8)[editar | editar a fonte]

Lenda
Grand Slam (1)
Tennis Masters Cup /

ATP World Tour Finals (0)

Xogos Olímpicos (0)
ATP Masters Series /

ATP World Tour Masters 1000 (0)

ATP International Series Gold /

ATP World Tour 500 Series (5)

ATP International Series /

ATP World Tour 250 Series (3)

N.º Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1 17 de xullo de 2000 Alemaña Stuttgart Terra batida Franco Squillari 2-6 6-3 6-4 4-6 2-6
2 12 de febreiro de 2001 Chile Viña del Mar Terra batida Guillermo Coria 6-4 2-6 5-7
3 8 de xullo de 2002 Suíza Gstaad Terra batida España Àlex Corretja 3-6 6-7(3) 6-7(3)
4 26 de abril de 2004 España Barcelona Terra batida España Tommy Robredo 3-6 6-4 2-6 6-3 3-6
5 5 de xullo de 2004 Båstad Terra batida Mariano Zabaleta 1-6 6-4 6-7(4)
6 12 de xullo de 2004 Alemaña Stuttgart Terra batida Guillermo Canas 7-5 2-6 0-6 6-1 3-6
7 19 de xullo de 2004 Austria Kitzbühel Terra batida Chile Nicolás Massú 6-7(3) 4-6
8 24 de xullo de 2005 Alemaña Stuttgart Terra batida España Rafael Nadal 3-6 3-6 4-6

Clasificación en torneos do Grand Slam[editar | editar a fonte]

Torneo 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 Sr G-P
Aberto de Australia A A A 1R 1R 3R 2R 2R 3R 3R 1R A A 0 / 8 8–8
Roland Garros A A 3R 2R 1R 4R 3R G 4R 4R A 1R Q2 1 / 10 22–9
Wimbledon Q1 Q1 1R 1R 1R 2R 1R A A 2R A A A 0 / 6 2–6
Aberto dos Estados Unidos A A 1R 1R 1R 3R 1R 2R 1R 3R A A Q1 0 / 8 5–8
Gañados–Perdidos 0–0 0–0 2–3 1–4 0–4 8–4 3–4 9–2 5–3 8–4 1–2 0–0 0–1 1 / 32 37–31

Dobres (3)[editar | editar a fonte]

Títulos[editar | editar a fonte]

Lenda
Grand Slam (0)
Tennis Masters Cup (0)
ATP Masters Series (0)
ATP World Tour (3)
N.º Data Torneo Superficie Parella Opoñentes na final Resultado
1. 9 de febreiro de 2004 Chile Viña del Mar Terra batida Juan Ignacio Chela Nicolás Lapentti Gómez
Martín Rodríguez
7-6(2) 7-6(3)
2. 12 de abril de 2004 Portugal Estoril Terra batida Juan Ignacio Chela República Checa František Čermák
República Checa Leoš Friedl
6-2 6-1
3. 17 de xullo de 2006 Alemaña Stuttgart Terra batida Belarús Max Mirnyi Suíza Yves Allegro
Robert Lindstedt
7-5 6-7(4) 12-10

Torneos Challenger (7; 7+0)[editar | editar a fonte]

Individuais (7)[editar | editar a fonte]

Títulos[editar | editar a fonte]

N.º Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 31 de agosto de 1998 Challenger de Santa Cruz de la Sierra Terra batida Luís Adrián Morejón 6-2 6-3
2. 7 de decembro de 1998 Chile Challenger de Santiago Terra batida Karim Alami 6-2 3-6 6-4
3. 12 de abril de 1999 Francia Challenger de Niza Terra batida España Jacobo Díaz 6-2 6-3
4. 26 de abril de 1999 Portugal Challenger de Espinho Terra batida Austria Markus Hipfl 6-4 6-1
5. 19 de xuño de 2000 Alemaña Challenger de Brunswick Terra batida Franco Squillari 6-4 6-7(2) 6-4
6. 3 de maio de 2009 Tunisia Challenger de Tunisia Terra batida Portugal Frederico Gil 6-2 1-6 6-3
7. 9 de maio de 2010 Italia Challenger de San Remo Terra batida Martín Vassallo Argüello 7-5 6-0

Finalista (2)[editar | editar a fonte]

N.º Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 10 de agosto de 1998 Challenger de Belo Horizonte Cemento Francisco Costa 6-4 2-6 4-6
2. 28 de setembro de 2009 Challenger de Buenos Aires Terra batida Horacio Zeballos 2-6 6-3 3-6

Torneos de Exhibición[editar | editar a fonte]

Títulos[editar | editar a fonte]

N.º Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1 20 de decembro de 2004 Copa arxentina de tenis Cemento David Nalbandian 4-6, 6-4, 6-2
  • Campión Copa Santa Cruz Fashion Show: 2012
  • Campión Copa Aniversario Cipolletti: 2010
  • Campión copa Adecco Tenis Open (Mza.): 2008
  • Campión Copa Solidariedade Salta: 2008

Finalista (1)[editar | editar a fonte]

N.º Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1 14 de decembro de 2008 Copa arxentina de tenis Cemento Juan Mónaco 6-7(5-7), 6-7(3-7)

Récords[editar | editar a fonte]

  • Terceiro arxentino en conquistar un torneo de Grand Slam despois de Guillermo Vilas e Gabriela Sabatini.
  • Sexto home na historia da Era Aberta en remontar unha desvantaxe de 2 sets a 0 nunha final de Grand Slam.
  • Primeiro home na historia en levantar dúas match-points nunha final de Grand Slam.
  • Segundo xogador de menor clasificación (44º) en gañar Roland Garros (despois de Gustavo Kuerten).
  • Primeiro home na historia en gañar unha final de Grand Slam tras perder un set por 6-0.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "«Mi hijo ganará en París»". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de maio de 2002. Consultado o 11 de xaneiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Gaston Gaudio na web da ATP". www.atptour.com (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  3. "Gastón Gaudio confirma su retirada". Marca (xornal) (en castelán). 30 de agosto de 2011. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  4. "Gaudio se despidió del tenis en una exhibición con Zabaleta" (en castelán). 19 de decembro de 2011. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]