Explorando a lúa
Explorando a lúa (On a marchei sur a Lune) é un álbum de aventuras de Tintín, escrito e ilustrado polo autor de banda deseñada belga Hergé.
O álbum publicouse en 1954, sendo a continuación de Obxectivo: a Lúa.
Argumento[editar]
A historia continúa no punto onde queda o álbum anterior: tras o lanzamento exitoso do foguete inténtase contactar cos tripulantes. Con todo, hai unha sorpresa, os Fernández confundíronse de hora e atópanse a bordo.
Tras unha viaxe non exenta dalgún sobresalto, alunizan na lúa, onde montan o equipo e empezan as investigacións e exploración do terreo con algunha que outra anécdota. Nunha das expedicións nas que quedan no foguete Tintín e o enxeñeiro Wolff, entra en acción o coronel Jorgen, conspirador de Borduria, para apoderarse do foguete e abandonar aos expedicionarios no satélite.
Tintín logra frustrar o golpe pero vense forzados a regresar á terra debido ás insuficientes reservas de osíxeno para a tripulación. Tras un novo intento dos conspiradores por facerse co foguete, este diríxese á terra con osíxeno insuficiente.
Curiosidades[editar]
O propio autor considera esta entrega como a máis exótica de todas e é na que se crean os decorados a base de imaxinación anticipándose ao seu tempo. As seguintes entregas non achegan novidades en canto á localización ou inclusión de novos personaxes, senón que introducen novas aventuras no marco xa creado, sendo As xoias da Castafiore o expoñente máis claro cuxa única localización é o castelo de Moulinsart.
O realismo destes dous libros (Obxectivo: a Lúa e Explorando a lúa) fixo que a revista París-Match encargase a Hergé ilustrar a explicación da misión do Apolo XII.