O Loto Azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Loto Azul
Silueta en negro dun dragón chinés sobre fondo vermello creada a partir doutro arquivo para ilustrar O Loto Azul.
Título orixinalLe Lotus bleu
Autor/aHergé
OrixeBélxica Bélxica
LinguaFrancés
ColecciónAs aventuras de Tintín
Xénero(s)Aventuras
EditorialCasterman
Data de pub.Seriada: 9 de agosto de 1934 a 17 de outubro de 1935
FormatoSeriada en Le Petit Vingtième, con recompilación en álbum
Páxinas62
ISBNISBN 84-261-2153-5
Precedido porOs xarutos do faraón
Seguido porA orella rota
EditorEditorial Juventud
Traduciónvalentín Arias López
editar datos en Wikidata ]

O Loto Azul (en francés: Le Lotus bleu) é o quinto álbum da serie As aventuras de Tintín, creada polo autor de banda deseñada belga Hergé. Publicouse por entregas no suplemento Le Petit Vingtième entre o 9 de agosto de 1934 e o 17 de outubro de 1935, a un ritmo de dúas páxinas semanais en branco e negro. A primeira edición en álbum, tamén en branco e negro, apareceu en 1936 na editorial Casterman. A primeira edición en cor, na mesma editorial, data de 1946.

A acción desenvólvese principalmente na China, na cidade de Xangai. O título está tomado do nome dun ficticio fumadeiro de opio na mesma cidade.

O Loto Azul é a segunda parte dunha historia iniciada no álbum anterior, Os xarutos do faraón, aínda que pode lerse de forma independente. Ten unha gran relevancia dentro da historia da serie, por ser a primeira vez que o seu creador, Hergé, preocupouse por documentarse exhaustivamente acerca do tema tratado, para o que contou coa axuda dun estudante chinés, Zhang Chongren Segundo Hergé, o álbum marca o comezo dunha nova etapa na súa obra. En conversación con Numa Sadoul afirmou: "O Loto Azul marca o comezo da miña etapa documentalista" (Numa Sadoul, Conversacións con Hergé, p. 101 . A primeira edición en galego foi en 1986 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.

Sinopse[editar | editar a fonte]

En Os xarutos do faraón, Tintín perseguía a unha organización internacional de traficantes de droga por Oriente Medio e a India. Logrou capturalos a todos, agás ao seu xefe, cuxa identidade non chegou a coñecerse ao final da aventura.

Ao comezo de O Loto Azul, Tintín goza da hospitalidade do maharajáh de Rawhajpurtalah, un imaxinario estado indio. Alí recibe a visita dun chinés que vai traerlle certa información pero, antes de que poida falar, é ferido por unha frecha que o tolea misteriosamente, e só pode pronunciar dous nomes: unha cidade, Xangai, e un nome de persoa, Mitsuhirato. Tintín parte cara a Xangai e entrevístase con Mitsuhirato, que é o representante do Xapón na cidade. Este indícalle que o maharajáh corre perigo, e que debe regresar sen tardanza. Tintín é obxecto dunha serie de misteriosos atentados contra a súa vida, do que é salvado de forma igualmente misteriosa.

Crendo as recomendacións de Mitsuhirato, Tintín embárcase para Bombai, pero é secuestrado a medianoite e reaparece, á mañá seguinte, nunha casa de Xangai. O propietario da casa é o señor Wang Jen-Ghié, xefe da sociedade secreta "Os Fillos do Dragón", que precisa a axuda de Tintín para acabar cunha rede de traficantes de opio (a mesma que Tintín perseguía no álbum anterior) na que está involucrado Mitsuhirato. Intentando espiar a estes traficantes, Tintín é testemuña dunha sabotaxe á liña férrea realizado por orde dos servizos segredos xaponeses para culpar aos chineses e ter un motivo para invadir o país. É capturado por Mitsuhirato, quen lle inocula supostamente un produto para causarlle a tolemia. Porén, fracasa, e Tintín logra escapar, polo que Mitsuhirato alerta ás autoridades xaponesas, que pon a Tintín en busca e captura.

Disfrazado de oficial xaponés, Tintín intenta refuxiarse na zona internacional, e localizar a un tal Fan Se-Yeng, que pode curar ao fillo de Wang Jen-Ghié, toleado a causa do produto de Mitsuhirato. Por non ter os seus papeis en regra, é detido na zona internacional e entregado ás autoridades xaponesas, que o condenan á morte. Con todo, é rescatado por Wang Jen-Ghié e parte cara a Hou-Kou para localizar ao profesor Fan Se-Yeng, que tamén foi secuestrado.

Na viaxe, Tintín fai amizade cun mozo chinés, Tchang Tchong-Jen, co que chega a Hou-Kou. As autoridades da zona internacional enviaron en busca de Tintín a Hernández e Fernández, que, como é habitual, fracasan ao intentar detelo. Tchang e Tintín descobren que Fan Se-Yeng está en poder de Mitsuhirato, e regresan a Xangai para intentar liberalo.

Cambio de método[editar | editar a fonte]

Antes da realización deste álbum, a visión doutras culturas nos álbums de Tintín estaba cargada de prexuízos. Cando Hergé anunciou que a próxima aventura de Tintín ía desenvolverse na China, o pai Gosset, capelán dos estudantes chineses da universidade de Lovaina, escribiu a Hergé pedíndolle maior sensibilidade no que escribía sobre China, xa que estaba preocupado polo que os seus estudantes puidesen pensar. Hergé aceptou, e na primavera de 1934 Gosset presentoulle a Zhang Chongren/Chang Ch'ung-jen (Chang Chong-chen), un novo escultor da Academia de Belas Artes de Bruxelas. Hergé e Zhang fixéronse pronto amigos, e o estudante chinés introduciu a Hergé na historia, cultura e arte chineses.

Como resultado desta experiencia, Hergé preocupouse en diante, tanto en O Loto Azul como nos álbums subseguintes, de documentarse minuciosamente acerca dos lugares visitados por Tintín. Os abundantes carteis en chinés que aparecen na obra non son, como o era o árabe de Os xarutos do faraón, meros debuxos caligráficos, senón auténticas frases nese idioma, a miúdo de carácter político.

Un exemplo deste traballo de documentación pode verse no que ocorreu co álbum A illa negra. Cando o seu editor no Reino Unido queixouse da imaxe de Inglaterra que se presentaba no álbum, Hergé enviou ao seu próximo colaborador Bob de Moor a documentarse exhaustivamente, o que tivo como consecuencia importantes cambios no álbum.

Como homenaxe ao seu amigo chinés, Hergé introduciu en O Loto Azul a un personaxe, Chang, un mozo chinés que fai amizade con Tintín, transposición literaria do seu amigo Zhang Chongren. A relación de Tintín con Chang serve a Hergé para mostrar os prexuízos occidentais acerca da China.

Dimensión política[editar | editar a fonte]

O Loto Azul é o primeiro dos álbums de Tintín en que o protagonista toma partido nun conflito internacional.

Como resultado da súa amizade con Zhang, Hergé comezou a interesarse polos problemas do colonialismo, en especial os referentes á ocupación xaponesa da China. O Loto Azul contén unha clara mensaxe antiimperialista, contrario á opinión imperante en Occidente na época, favorable ao colonialismo xaponés.

No álbum, Tintín é testemuña presencial do incidente do ferrocarril de Manchuria do Sur (incidente de Mukden), que serviu de pretexto ao Xapón para atacar e ocupar China, dando inicio á Segunda Guerra Chinés-Xaponesa.

Protestas xaponesas.

Ata a data, o álbum non foi editado nunca no Xapón.

O goberno nacionalista da China mostrouse moi satisfeito co álbum, e o entón presidente Chiang Kai-shek invitou a Herge a visitar o país. Hergé, con todo, non levou nunca a cabo esta viaxe.

Con todo, o goberno da República Popular da China prohibiu durante moito tempo o álbum. Non permitiu a súa publicación ata 1984, trala realización de importantes cambios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]