A illa negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A illa negra é un álbum creado por Hergé na súa serie as aventuras de Tintín. Aparece en Le Petit Vingtième entre abril de 1937 e xuño de 1938, editouse en branco e negro a finais de 1938 e reeditouse a cor en 1943.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Nun dos seus paseos, Tintín e Milú ven a un avión que parece ter problemas. Ao achegarse son atacados e o avión dáse á fuga. Tras reporse decátase que o avión estrelouse en Inglaterra.

Tintín vai a Inglaterra en busca dos seus agresores e acaba tras a pista do Doutor Müller ao que captura pero foxe iniciándose unha persecución. Durante a mesma, Tintín é perseguido por Hernández e Fernández que o cren culpable dun roubo nun tren.

Finalmente, seguindo a Müller, Tintín chega ao pobo escocés de Kitkoch onde se embarca rumbo a unha illa próxima onde se cre que hai un monstro (en clara alusión ao monstro do Lago Ness. A illa non é máis que a base dunha banda de falsificadores de diñeiro que usan a un gorila para escorrentar aos curiosos cos seus ruxidos amplificados.


Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Na primeira edición orixinal (1937) aparece unha televisión que é aínda un invento pouco estendido.
  • Na primeira reedición a cor en 1965 redúcese o número de pranchas a 62 que é o número que se mantén a partir dese momento.
  • O álbum sufriu unha completa revisión en 1965 ao realizar a tradución ao inglés. O editor (Methuen) notificoulle algúns erros e Hergé redibuxou o álbum completo seguindo as correccións que o seu colaborador Bob de Moor recompilou en Inglaterra.