Tintín e a Arte-Alfa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tintín e a Arte-Alfa é o vixésimo cuarto e derradeiro álbum da serie de aventuras de Tintín. Hergé traballou nel ata o seu falecemento, e o álbum foi publicado en forma póstuma (a pesar de non estar completo) en 1986 por Casterman, en asociación con A Fondation Hergé. En 2004, publicouse unha nova edición con máis agregados.

Publicacións[editar | editar a fonte]

No momento do falecemento de Hergé, o 3 de marzo de 1983, Tintín e a Arte-Alfa non era máis que un esbozo: tres pranchas debuxadas a lapis, corenta e dous en estado de bosquexos, e algúns escritos adicionais con parte do guión da nova aventura. Expúxose entón que facer cos elementos con que se contaba, mencionándose a posibilidade da terminación do álbum por parte dos colaboradores de Hergé. Porén, dado o estado moi preliminar da obra (por exemplo, non había un final para a mesma), iso descartouse porque os achegues externos serían demasiado importantes.

Fanny Remi, viúva do autor, decidiu que o álbum publicaríase inacabado, tal como o deixou a súa parella. A edición de 1986 consistiu en dous bloques: un co recorte gráfico tal como o deixou Hergé, e o outro cunha transcrición dos diálogos similar á dos textos teatrais.

A edición de 2004 presenta unha forma completamente diferente, onde se mesturan as pranchas do autor con transcricións do diálogo, e resáltanse en forma gráfica algúns detalles de interese.

Trama[editar | editar a fonte]

Tras varios anos dunha certa falta de ideas, todos os datos indican que este novo álbum de Tintín sería un dos mellores: o positivismo do trazo, o entusiasmo que demostra, indican que Hergé lograra un fío condutor consistente para a historia.

Tintín e a Arte-Alfa finaliza cunha viñeta na que os malos levan a Tintín apuntándolle por detrás cunha pistola. Podería parecer evidente que Tintín salvase, de ser finalizada a historia. Con todo, diversos datos apuntan a que realmente podería non ser así: o testemuño de persoas próximas a Hergé, así como o dato de que Hergé consultase a un amigo se podía facer que Tintín morrese na terraza da súa casa, apuntan a un final pouco usual.