Skyliners Frankfurt
|
||
|---|---|---|
| Competición | ||
| Fundado | 1999 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Fraport Arena (5.002) | |
| Cores | Azul e branco | |
| Presidente | Christoph Körner | |
| Adestrador | Daniel Henle | |
| Bundesliga | 1 (2004) | |
| Copa | 1 (2000) | |
| Vestimenta | Nike | |
| Patrocinador | Fraport Deutsche Bank |
|
| Mascota | Dunking Kong | |
| Sitio Web | www.fraport-skyliners.de | |
O Skyliners Frankfurt, coñecido por motivos de patrocinio como Fraport Skyliners, é un club profesional de baloncesto alemán da cidade de Frankfurt, no Estado de Hessen, que actualmente xoga naBasketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. No ano 2000, tan só un ano despois da súa fundación, o club gañou o seu primeiro título ao conseguir a Copa de Alemaña e catro anos despoies, en 2004, a súa primeira Liga alemá.
Índice |
Historia [editar]
O equipo naceu en 1999, cando o propietario da TV Tatami Rhondorf trasladou o mesmo dende Rhöndorf a Frankfurt am Main, pasando a denominarse Skyliners. Na súa primeira tempada na elite consegiu gañar a Copa de Alemaña, competición da que sería finalista en 2002 e 2004. Precisamente nesa tempada foi cando conseguiron o que até agora é o seu único título da Bundesliga, derrotando ao Brose Baskets na final por 3-2.
Ao ano siguente repetiu aparición na final, pero esta vez foi o Brose Baskets o que se fixo co título polo mesmo marcador que o ano anterior. Na liga de 2010 volveron quedar subcampións, caendo novamente ante o mesmo rival e con idéntico resultado.
Denominacións [editar]
- Skyliners Frankfurt: 1999-2000
- Opel Skyliners Frankfurt: 2000-2005
- Deutsche Bank Skyliners: 2005-2011
- Fraport Skyliners: dende 2011
Palmarés [editar]
- 2004.
- Copa de Alemaña: 1
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial (en alemán)