Eleccións ao Parlamento de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo do Parlamento de Galicia.
Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia.

As eleccións ao Parlamento de Galicia son as eleccións autonómicas nas que os cidadáns de Galicia elixen os membros do Parlamento de Galicia. O Parlamento de Galicia está composto por setenta e cinco parlamentarios. As últimas eleccións ao Parlamento de Galicia celebráronse en 2024.

Sistema electoral[editar | editar a fonte]

Deputados por circunscrición (2024).

O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 estabelece que os membros do Parlamento de Galicia son elixidos mediante sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto.[1] Tamén estabelece que o Parlamento debe estar composto por un mínimo de sesenta deputados e un máximo de oitenta.[2] A Lei Electoral de Galicia estabelece a súa composición en setenta e cinco deputados.[3] Os parlamentarios elíxense mediante escrutinio proporcional plurinominal con listas pechadas en cada circunscrición electoral.

As circunscricións electorais do Parlamento de Galicia correspóndense coas catro provincias galegas.[1] A cada provincia correspóndelle un mínimo inicial de dez deputados. Os trinta e cinco deputados restantes distribúense entre as provincias en proporción á súa poboación.[3] Así, nas eleccións de 2016 a repartición foi o seguinte: 25 deputados á Coruña, 14 a Lugo, 14 a Ourense e 22 a Pontevedra.[4] A asignación de escanos ás listas electorais faise mediante o método D'Hondt.[5] A barreira electoral é do 5% dos votos válidos da circunscrición.[5]

Dende a reforma da LOREG de 2007, nas eleccións autonómicas de todas as comunidades autónomas as candidaturas deben presentar listas electorais cunha composición equilibrada de homes e mulleres, de forma que cada sexo supoña cando menos o 40% da lista.[6] Esta reforma foi recorrida polo Grupo Parlamentario Popular do Congreso dos Deputados perante o Tribunal Constitucional, que en 2008 concluíu que a reforma si era constitucional.[7]

Resultados[editar | editar a fonte]

Ano Parlamento Escanos Circunscricións Gañadores por provincia
1981 AP 26
UCD 24
PSdeG 16
BNG-BN-PG-PSG 3
EG 1
PCG 1
1985 CP 34
PSdeG 22
CG 11
PSG-EG 3
BNG 1
1989 PPdeG 38
PSdeG 28
BNG 5
PSG-EG 2
CG 2
1993 PPdeG 43
PSdeG 19
BNG 13
1997 PPdeG 42
BNG 18
PSdeG 15
2001 PPdeG 41
BNG 17
PSdeG 17
2005 PPdeG 37
PSdeG 25
BNG 13
2009 PPdeG 38
PSdeG 25
BNG 12
2012 PPdeG 41
PSdeG 18
AGE 9
BNG 7
2016 PPdeG 41
En Marea 14
PSdeG 14
BNG 6
2020 PPdeG 42
BNG 19
PSdeG 14
2024 PPdeG 40
BNG 25
PSdeG 9
DO 1

Composición do Parlamento de Galicia[editar | editar a fonte]

No Parlamento de Galicia sentan 75 deputados e deputadas (71 nas dúas primeiras lexislaturas). A maioría absoluta son 38 deputados e deputadas (36 nas dúas primeiras lexislaturas).

I lexislatura[editar | editar a fonte]

Eleccións celebradas o: 20 de outubro de 1981

Resultados:

  • Alianza Popular (AP): 26 deputados.
  • Unión de Centro Democrático (UCD): 24 deputados.
  • Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 16 deputados.
  • Coalición Electoral Bloque Nacional Popular Galego - Partido Socialista Galego (BNPG-PSG): 3 deputados.
  • Esquerda Galega (EG): 1 deputado.
  • Partido Comunista de Galicia (PCG): 1 deputado.

Mesa do Parlamento:

II lexislatura[editar | editar a fonte]

Eleccións celebradas o: 24 de novembro de 1985

Resultados:

  • Alianza Popular (AP): 34 deputados.
  • Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 22 deputados.
  • Coalición Galega (CG): 11 deputados.
  • Partido Socialista Galego - Esquerda Galega (PSG-EG): 3 deputados.
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG): 1 deputado.

Mesa do Parlamento:

III lexislatura[editar | editar a fonte]

Eleccións celebradas o: 17 de decembro de 1989

Resultados:

  • Partido Popular de Galicia (PPdeG): 38 deputados.
  • Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 28 deputados.
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG): 5 deputados.
  • Coalición Galega (CG): 2 deputados.
  • Partido Socialista Galego - Esquerda Galega (PSG-EG): 2 deputados.

Mesa do Parlamento:

IV lexislatura[editar | editar a fonte]

Eleccións celebradas o: 17 de outubro de 1993

Resultados:

  • Partido Popular de Galicia (PPdeG): 43 deputados.
  • Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 19 deputados.
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG): 13 deputados.

Mesa do Parlamento:

V lexislatura[editar | editar a fonte]

Eleccións celebradas o: 19 de outubro de 1997

Resultados:

  • Partido Popular de Galicia (PPdeG): 42 deputados.
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG): 18 deputados.
  • Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 13 deputados.
  • Esquerda Unida (EU): 2 deputados.

Mesa do Parlamento:

  • Presidencia: José María García Leira (PPdeG)
  • Vicepresidencia 1.º: Celso Delgado Arce (ata o 28/3/00) (PPdeG)
  • Vicepresidencia 1.º: Miguel Ángel Santalices Vieira (dende o 28/3/00) (PPdeG)
  • Vicepresidencia 2.º: Bautista Álvarez Domínguez (BNG)
  • Secretaría: Juan Pedrosa Vicente (PPdeG)
  • Vicesecretaría: Miguel Ángel Cortizo Nieto (PSdeG-PSOE)

VI lexislatura[editar | editar a fonte]

Eleccións celebradas o: 21 de outubro de 2001

Resultados:

  • Partido Popular de Galicia (PPdeG): 41 deputados.
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG): 17 deputados.
  • Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 17 deputados.

Mesa do Parlamento:

VII lexislatura[editar | editar a fonte]

Eleccións celebradas o: 19 de xuño de 2005

Resultados:

  • Partido Popular de Galicia (PPdeG): 37 deputados.
  • Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 25 deputados.
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG): 13 deputados.

Mesa do Parlamento:

VIII lexislatura[editar | editar a fonte]

Eleccións celebradas o: 1 de marzo de 2009

Resultados:

  • Partido Popular de Galicia (PPdeG): 38 deputados.
  • Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 25 deputados.
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG): 12 deputados.

Mesa do Parlamento:

IX lexislatura[editar | editar a fonte]

Eleccións celebradas o: 21 de outubro de 2012

Resultados:

  • Partido Popular de Galicia (PPdG): 41 deputados.
  • Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 18 deputados.
  • Alternativa Galega de Esquerda (AGE): 9 deputados.
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG): 7 deputados.

Mesa do Parlamento:

X lexislatura[editar | editar a fonte]

Eleccións celebradas o: 25 de setembro de 2016

Resultados:

  • Partido Popular de Galicia (PPdG): 41 deputados.
  • En Marea (EM): 14 deputados.
  • Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 14 deputados.
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG): 6 deputados.

Mesa do Parlamento:

XI lexislatura[editar | editar a fonte]

Eleccións celebradas o: 12 de xullo de 2020

Resultados:

  • Partido Popular de Galicia (PPdG): 42 deputados.
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG): 19 deputados.
  • Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG): 14 deputados.

Mesa do Parlamento:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Xefatura do Estado 1981, art. 11.
  2. Xefatura do Estado 2007, art. 11.
  3. 3,0 3,1 Comunidade Autónoma de Galicia 1985, art. 9.
  4. "Decreto convocatoria electoral" (PDF). DOG. 1 de agosto de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Comunidade Autónoma de Galicia 1985, art. 10.
  6. Xefatura do Estado 1985, art. 44 bis.
  7. Oliver Araujo 2011, pp. 347-352.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]