Carme Adán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carme Adán Villamarín»)
Infotaula de personaCarme Adán

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Deputada do Parlamento de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , profesora Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Twitter: carmeadan Dialnet: 555673 Editar o valor em Wikidata
Carme Adán na presentación do libro O soño de Xoán de Farruco Graña na libraría Paz de Pontevedra

Carme Adán Villamarín, nada en Donostia (Guipúscoa) o 16 de decembro de 1966, é unha política e intelectual e profesora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia é orixinaria de Lalín. Ao regresar da emigración en Guipúscoa, foi vivir a Vigo. Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1990 comezou a impartir aulas de ensino secundario, tendo actualmente o seu destino no IES Politécnico de Vigo. En 2002 doutorouse na mesma universidade coa tese Epistemoloxía, natureza e xénero, baixo a dirección de María Xosé Agra.

Amais, escribiu ducias de artigos. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía entre 1999 e 2005. Nese ano pasou a formar parte da comisión de xénero do Consello da Cultura Galega.

Foi elixida parlamentaria galega nas eleccións de 2005, tras presentarse nas listas do Bloque Nacionalista Galego como número 1 da provincia de Pontevedra. Posteriormente, foi nomeada Secretaria Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.

É membro da plataforma cívica ProLingua.[1]

Libros publicados[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Presentación de Feminicidio na Casa das Campás o 31/01/2018. Con Malores Villanueva e Luís Bará.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Listaxe de membros de ProLingua". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2010. Consultado o 08 de outubro de 2010. 
  2. "Editorial Galaxia crea unha colección de perspectivas feministas" (15/11/2018) culturagalega.gal CCG.
  3. "Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-01-31. 
  4. Adán, Carme (7 de marzo de 2019). “A violencia de xénero non é unha mostra da desigualdade, senón o elemento fundamental da mesma”. Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 11 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santorum, Gracia (2009). Fervenza, ed. Dicionario de escritores de Deza. A Estrada. p. 15. ISBN 978-84-96368-00-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]