Pazo de Torres Agrelo
Pazo de Torres Agrelo | |
---|---|
Concello | Redondela |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°17′31″N 8°36′02″O / 42.291852777778, -8.6004555555556 |
Estilo arquitectónico | |
Estado actual | En bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O pazo de Torres Agrelo é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Reboreda.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]A súa construción data do ano 1750. O edificio principal do pazo é rectangular con dúas almenaras en cada extremo. No seu interior, destacan a existencia de azulexos de Triana, unha escaleira central de madeira de castiñeiro e varias fiestras de vidro policromado.[2]
Foi empregado coma hospital para o exército xermano durante a segunda guerra mundial e coma refuxio durante a guerra civil española, e por este motivo conserva restos de pasaxes subterráneas.
Na actualidade emprégase para fins de restauración e hostalaría.
Árbores senlleiras
[editar | editar a fonte]As camelias das especies Camellia sasanqua e Camellia japonica dos xardíns do pazo figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras elaborado pola Xunta de Galicia, ao igual que a tuia xigante.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Turgalicia (ed.). "Pazo Torres Agrelo".
- ↑ José C. García. Camelias, ed. "Pazo de Torres Agrelo". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2014. Consultado o 23 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pazo de Torres Agrelo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Juan Manuel López-Chaves Meléndez e Grato Enrique Amor Moreno (1988): Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra (tomo I), pp. 182-187. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-86845-09-2.