Convenio de Schengen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Convenio de Schengen prevé a supresión dos controis de identidade nas fronteiras entre os países signatarios.

O territorio así creado é chamado comunmente «espazo Schengen», do nome do lugar luxemburgués de Schengen, fronteirizo entre Alemaña, Luxemburgo (Benelux) e Francia, ao bordo do río Moselle, onde o acordo (entre estes cinco estados) foi asinado o 14 de xuño de 1985. Se a primeira convención de Schengen data de 1985, o espazo Schengen foi institucionalizado a escala europea polo Tratado de Ámsterdan de 1997 (artigo 2). O tratado de Lisboa modifica as regras xurídicas en relación ao espazo Schengen, reforzando a noción dun «espazo de liberdade, de seguridade e de xustiza». Este fai intervir máis cooperación policíaca e xudicia, e apunta a unha posta en común das políticas de visados, de asilo e de inmigración, sobre todo pola substitución do método intergobernamental polo método comunitario.