Club de París

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa dos países do Club de París

O Club de París, é un foro informal de acredores oficiais e países debedores. A súa función é coordinar formas de pago e renegociación de débedas externas dos países e institucións de empréstamo. Creouse en 1956 cando Arxentina estivo de acordo en efectuar un encontro cos seus acredores públicos. Acordo concluído o 16 de maio.

As reunións efectúanse en París de 10 a 11 veces ao ano entre sesións de renegociación, análises de débeda ou aspectos metodolóxicos. O Presidente das sesións é un alto funcionario de dirección da Tesourería de Francia. O Copresidente e Vicepresidente son tamén funcionarios da Tesourería de Francia.

Ata o ano 2007 celebráronse 399 acordos con 84 países debedores.

Malia ser un grupo informal ten os seguintes principios:

  • As decisións tómanse caso a caso, de acordo á situación do país debedor.
  • As decisións son tomadas por consenso entre os países acredores.
  • É condicional, trátase só con países que necesitan reestructurar a súa débeda e implementan reformas para resolver problemas de pago. Na práctica isto significa que debe haber un empréstamo ou programa de reprogramación previamente aprobado por FMI.
  • Solidariedade, os acredores están de acordo en implantar os térmos de acordo.
  • Igualdade de tratamento entre os acredores. Ningún país debedor pode dar un tratamento desfavorable a outro acredor co cal chegara a un consenso no Club de París.

Intégrase de xeito permanente polos seguintes países acredores: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Dinamarca, EUA, España, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Xapón, Noruega, Rusia, Países Baixos, Reino Unido, Suecia, e Suíza.

Participaron nalgún momento como debedores: Abu Dabi, Arxentina, Brasil, Corea do Sur, Israel, Angola,Kuwait, Marrocos, México, Nova Zelandia, Portugal, Trinidad e Tobago e Turquía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]